Venres. 19.04.2024
El tiempo

O concuso de desfile dos deseñadores noveis pecha a Mostra do Encaixe

O concuso de desfile dos deseñadores noveis pecha a Mostra do Encaixe
A pasarela da Mostra do Encaixe pecha mana domingo co concurso dos desenadores noveis A pasarela da Mostra do Encaixe pecha mañá domingo co concurso dos deseñadores noveis A choiva e o vento que se está a rexistrar estes días festivos na Costa da Morte non impiden que unha gran afluencia de público visite a Mostra do Encaixe de Camariñas. A organización espera que mañá á tarde - último día da mostra - se rexistre un dos picos de afluencia debido aos desfiles finais dos deseñadores noveis que participan no concurso e á posterior entrega de premios. Ao longo destes días, xa se puido ver o derroche de imaxinación e creatividade en todos os traballos cos que desfilaron os deseñadores noveis, con estilos de todo tipo adaptados a cada ocasión. O último pase será ás sete da tarde de mañá domingo ainda que previamente, ás 13 e ás 16:30 horas, poderanse ver as coleccións das firmas e de novo o Pequeencaixe coas alumnas da Escola Municipal de Encaixe como protagonistas. As firmas de Ana Cabranes, Claudina Mata, Claudina Mata, Devota & Lomba, Esteban Freiría, José Matteos, Sannmar Niños e Yono Taola son todo un exemplo da numerosas aplicacións que ten o encaixe no mundo da moda, con deseños para todos os gustos e estilos plasmados en vestidos de noiva, festa, roupa masculina,... Cristina Llama, Janet Schulz e Mar Balmón tamén desmotran que o encaixe se pode levar en complementos de todo tipo, desde pamelas ata diademas. As deseñadoras locais, Katy Mouzo e María Campaña, locen as súas orixinais creacións sobre a pasarela. Na xornada de hoxe celebrouse o último encontro de encaixeiras procedentes de diferentes lugares. En total, durante estes días déronse cita en Camariñas un millar de palilleiras. Recoñecementos O concello de Camarinas reconece durante estes dias o traballo de moitas figuras que puxeron en valor a Mostra do Encaixe O concello de Camariñas recoñece durante estes días o traballo de moitas figuras que puxeron en valor a Mostra do Encaixe O concello de Camariñas continúa co recoñecemento de moitas figuras que ao longo destes anos mostraron o seu apoio á Mostra do Encaixe e que fixeron posible que chegase á súa vixésimo sexta edición. O alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León, e a concelleira de Servizos Sociais e promoción do Encaixe, Sandra Ínsua, entregaron respectivos pins de prata e diplomas á deputada Marisol Soneira e a título póstumo a Antonio Alonso Ballester, por ser un dos grandes impulsores deste certame. Novas relacionadas Fonte

Comentarios