O IES Pedra da Aguia, campión galego do certame nacional de Euroscola
14:18 01/06/18
Tremenda a actividade extraescolar a deste ano do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto. E nonnos estrana que siga recibindo premios. A semana pasada quedaban campións galegos de oratoria, e hoxe, a Xunta felicitaba ao alumnado do centro tras convertirse no equipo gañador da Comunidade Autónoma de Galicia da XXIV edición do concurso Euroscola.
Nada menos que 240 foron os equipos educativos de toda España os que participaron nesta iniciativa pedagóxica organizada pola Oficina de Información do Parlamento Europeo en España, en colaboración coa Representación en España da Comisión Europea, a Secretaría de Estado para Asuntos Europeos e a Secretaría de Estado de Cultura.
Deles, só 15 participarán na sesión de Euroscola que se celebrará na sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo (Francia). Os camariñáns recibirán como premio por parte da Administración autonómica unha fin de semana de ocio educativo nunha instalación do departamento autonómico e unha mochila con material didáctico.
So formado por 10 mozos e mozas de 3º de ESO e polo profesor coordinador, Jacobo Santos.
O equipo galego gañador, formado por 10 mozos e mozas de 3º ESO e e polo profesor coordinador, Jacobo Santos, ademais do referido premio, recibe da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado como premio unha fin de semana de ocio educativo nunha instalación do departamento autonómico e unha mochila con material didáctico. Así mesmo, tamén recibe varios estoxos de material escolar e didáctico outorgados polo Instituto da Xuventude de España, pola representación da Comisión Europea en España, o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes e a Plataforma do Voluntariado en España.