O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE
09:15 08/09/14
Empeza o curso 2014/2015 e con el a polémica LOMCE. E xa saltou a primeira voz en contra dos recortes, da man do Claustro do IES Pedra da Aguia de A Ponte do Porto (Camariñas). Un Claustro que quere expresar o seu malestar e preocupación cos novos recortes en prazas de profesorado do centro para o vindeiro curso académico.
Así o asegura trala reunión mantida o pasado venres día 5 de setembro de 2014 e unha vez informado pola Dirección da posibilidade real de perder tres profesores no presente curso (13 en 5 anos). Alí decidiron:
- Convocar un Consello Escolar urxente para comunicar a situación e estudar as posibles medidas de presión para revertir a mesma.
- Amosar a súa total disconformidade pola reducción do profesorado, que vai repercutir negativamente no alumnado e na calidade do ensino.
- Manifestar a súa preocupación pola redución de medidas de atención á diversidade e da oferta educativa que o Centro viña desenvolvendo nos últimos anos, como o PROA, as seccións bilingües, o auxiliar de conversa, o Plan de Mellora da Convivencia, as actividades extraescolares varias, etc.
Máis novas sobre a loita contra a LOMCE
- Parches en 16 centros educativos da bisbarra.
- A Xunta anuncia que manterá aberta a Escola de Carnés.
- A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- Os pais e nais de Carballo piden o mantemento da novena unidade de Educación Infantil do CEIP Fogar.
- As ANPAS inciden na volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto.
- As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade.
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).