O IES Pedra da Aguia denuncia un novo recorte no horario dunha mestra a metade de curso
Xa temos ANPAS na rúa recollendo sinaturas, cartas directas á Consellería, grupos sen titor… A comunidade educativa está arrincando con moitos problemas este curso 14/15, o primeiro curso baixo o xugo da polémica Lei LOMCE.
Hoxe nos chega outra queixa, xa o fixera a primeiros de setembro, do Equipo Directivo do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto. Daquela protestaban pola redución de 3 mestres no presente curso. Hoxe critica a redución do horario da mestra especialista de audición e linguaxe. Unha redución que chega a data do 27 de outubro de 2014, unha vez iniciado o curso, elaborados os horarios e toma de posesión por parte da mestra afectada.
Por iso o centro camariñán manifesta “a súa indignación coa última decisión tomada por parte da Consellería de Educación comunicada a través do Servizo de Inspección Educativa pola redución horaria da mestra especialista en audición e linguaxe a estas alturas do curso, sendo obrigada a desprazarse ao CPI Cabo da Area de Laxe”.
E explican por que trastoca tanto os plans educativos, pois esta medida implica:
- ”Desatención ó alumnado con necesidades educativas especiais”.
- ”Modificación de horarios despois de dous meses de iniciado o curso”.
- ”Redución de atención específica por parte desta especialista”.
A totalidade do profesorado deste centro rexeita “esta nova medida que unha vez máis discrimina aos centros do rural e prexudica ao alumnado con maiores dificultades, atentando contra os principios de igualdade e non discriminación educativa e diminuíndo a calidade do ensino público”, remata.
Novas sobre a loita contra a LOMCE
- A ANPA A Granxa xa colleita sinaturas contra os recortes.
- As ANPAS dos Muíños e CEIP Bergantiños alzan a voz de novo contra os recortes.
- As familias aprenden a educar ca Fedanpa.
- A Fedanpa empeza o curso #LOMCE en clave de loita.
- Os recortes no CPI Xosé Pichel indignan aos pais de Coristanco.
- O grupo de 4º de Primaria que non tiña titor.
- O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE.
- Parches en 16 centros educativos da bisbarra.
- A Xunta anuncia que manterá aberta a Escola de Carnés.
- A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- Os pais e nais de Carballo piden o mantemento da novena unidade de Educación Infantil do CEIP Fogar.
- As ANPAS inciden na volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto.
- As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade.
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).