Venres. 29.03.2024
El tiempo

O lobo mariño Camelle xa volve ao Gran Sol

O lobo mariño Camelle xa volve ao Gran Sol
O lobo mariño Camelle camiño do Gran Sol-Foto-CEMMA O lobo mariño Camelle camiño do Gran Sol-Foto-CEMMA

A historia de Camelle, o lobo mariño que varaba nas costas camariñáns, foi unha das máis exitosas deste ano para a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños CEMMA. Foron 85 días de recuperación, pero Camelle xa voltou ao mar. Recuperado no centro o pasado luns foi embarcado no no arrastreiro ‘Ferreira Martínez‘, e será liberado estes días no Gran Soló, no sur de Irlanda, a súa casa.

Lobo Marino Camelle-Foto-CEMMA

Aló polo mes de febreiro atopaban o pequeno Lobo mariño en Camelle. Presentaba signos graves, como falta de visión e un peso moi lixeiro.

Lembran dende o CEMMA que “O labor de recuperación dun animal salvaxe é tremendo, titánico. Case 90 días pendentes de cada respiro, de cada xesto, de cada tos. Todos os detalles son importantes, en cada un deles cremos ler unha mensaxe”

”Non foi un soño, foi unha realidade, un ser tanxible e querido. Un ser que agora pasa ao noso imaxinario, pois xa non o temos entre nós máis que como a auga dunha presada de mar, escorrindo entre os dedos”. Parece que a xente do CEMMA recordarán con cariño este pequeno animal salvaxe.

Máis novas sobre animais acuáticos

Fonte

Comentarios