xoves. 17.07.2025
El tiempo

O martes de Entroido o 17 de xullo serán festivos locais en Camariñas

O martes de Entroido o 17 de xullo serán festivos locais en Camariñas
O presidente da Deputacion da Coruna, Valentin Gonzalez Formoso, abriu as portas da Mosta do Encaixe Comitiva política abrindo a Mostra do Encaixe deste ano

O pleno ordinario celebrado onte venres en Camariñas aprobou os festivos locais do próximo ano no municipio, que serán o martes de Entroido e o 17 xullo, que en 2017 coincide a luns e aínda se están celebrando as tradicionais festas do Carmen. Aínda que houbo discrepancias cos grupos da oposición, a maioría do grupo de goberno do PSOE conseguiu aprobar este asunto.

A sesión de rogos e preguntas volveu estar cargada de polémica, con varias cuestións relativas aos gastos relacionados coa Mostra do Encaixe por parte do PP. Os 20.000€ en dietas que tivo que empregar o Concello foron foco das críticas por parte da oposición, e a concelleira Sandra Insua defendeu que non é unha cantidade excesiva pois se tivo que facer cargo á estancia dos grupos internacionais, e que moitos dos gastos revertiron en establecimentos locais ao ser tickets de comida.

Tamén sobre a Mostra o PP reprochou que se cifrasen nuns 20.000 visitantes, e, con todo, só se recaudan 11.000 euros. Ínsua Rial asegurou que ademais das entradas vendidas faise unha estimación do resto de visitas porque os nenos non pagan entrada, hai que contabilizar todas palilleiras que participan nos encontros durante o certamen, os nenos das escolas de palillo, veciños de Camariñas (que tampouco pagan), autoridades e outras moitas persoas que chegan por invitacións que se reparten con antelación.

Antes o pleno aprobara por unanimidade unha modificación de crédito de 106.000 euros, con cargo ao remanente do pasado exercicio 2015.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios