O Ministro Caamaño fai campaña na Costa
A súa posición como cabeza de lista dos socialistas coruñeses ao Congreso nas eleccións do 20N faille que se teña que empregar na súa bisbarra. O ministro de Xustiza, o ceense Francisco Caamaño, estivo estes días en Camariñas e mais en Corcubión, para achegarse á veciñanza.
En Camariñas a sesión foi máis un encontro coa mocidade socialista da bisbarra. Uns 40 mozos do concello animáronse a aparecer na foto de equipo, e escoitaron como o Ministro os animaba a introducirse nesto da política.
A sesuón e Corcubión foi máis institucional. Tratábase dunha reunión con alcaldes e voceiros socialistas na que Caamaño se comprometeu a crear unha oficina para “atender directamente” as demandas dos cidadáns.
Caamaño afirmou que, "mediante un sistema de cita previa, os cidadáns que o soliciten poderán dirixirse directamente aos deputados socialistas da provincia para concertar unha reunión e explicarlles as cuestións que lles preocupan ou expor as súas demandas".
Consciente da situación de crise e de continuos recortes, afirman que se trata dos "comicios máis importantes da democracia". A campaña dos socialistas para este 20N leva como lema "Pelexa polo que queres".
Novas relacionadas
- Primeira fin de semana de pre-campaña.
- O PSOE comeza coa campaña 20N.
- O BNG da Costa da Morte comeza a campaña do 20N.
- Óscar Insua preséntase como candidato do BNG pola Costa da Morte para o 20N.
- A carta do ex alcalde de Cee aos emigrantes na Arxentina.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Foto de Diego Alonso Freire.