O Pedra da Aguia remata en Madrid a súa Ruta Científica, Artística e Literaria
Sempre falamos da importancia de viaxar e máis en idades tempranas. Ver mundo abre mentes, e máis se cabe cando falamos de viaxes con contido cultural. Por Madrid e Castilla La Mancha estiveron a semana pasada os alumnos de 2º de ESO, o grupo que foi a href=/o-ies-pedra-da-aguia-participa-no-programa-nacional-de-rutas-cientificas-artisticas-e-literarias/>seleccionado para participar no programa "Rutas Científicas, Artísticas e Literarias 2015", convocado polo Ministerio de Educación. Un programa que se achega ao final do percorrido non se antes visitar lugares imprescindibles como o Museo do Prado.
Foi unha semana moi intensa e educativa onde os rapaces amosaron momito interese e implicación nas variadas actividades propostas do programa. As profesoras acompañantes destacan, así mesmo, o bo ambiente de relación cos compañeiros de Murcia con quen comparten a semana. Tanto elas como os rapaces recoñecen que esta é unha forma motivadora de aprendizaxe que debería poder desenvolverse de forma máis frecuente.
Novas relacionadas
- O IES Pedra da Aguia participa no programa nacional de “Rutas científicas, artísticas e literarias”.
- A Xunta responde con máis recortes ás denuncias públicas do IES Pedra da Aguia.
- O IES Pedra da Aguia dixo adeus a un mestre moi especial.
- As lecturas da Ponte do Porto rematan con excursión:
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).