Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Pindo e Berdoias tamén sofren a epidemia de lumes que devasta a Costa da Morte

O Pindo e Berdoias tamén sofren a epidemia de lumes que devasta a Costa da Morte
Incendio no Pindo-Foto-Xose Carril Incendio no Pindo-Foto-Xose Carril

Parece que non temos parada. En apenas 3 días levamos unhas 300 hectáreas desoladas polas lapas. O #IFAmeixenda Cee arrasaba 21 hectáreas por Ameixenda-Caneliñas-Gures; o #IFDuioFisterra afectaba a 28ha pola zona da Nave (Fisterra); o #IFTobaCee, agora controlado dende as 2:30h da pasada madrugada, tras 180 hectáreas devoradas e varios lugares desaloxados; emais o #IFCarnesVimianzo que devastou 47 ha pola zona de Cures e as Barrosas, entre Vimianzo e a Ponte do Porto.

E a cousa non para. Se polo día o susto saltou no peirao de Brens, a pasada noite do xoves 11 de agosto era o lugar do Pindo o que sufría o medo das lapas preto das casas. A zona dos Mouchos, preto do mar do lugar carnotán, puña en pé a moitos veciños da zona. Tralo traballo dos medios de extinción, o incendio quedou controlado ás 3:00h e pola mañá deuse por extinguido. Pero en todo caso, a esta hora da mañá está todo afumado, desde Lira a Santiago, e non se sabe se pode haber máis focos activos.

Incendio no Pindo-Foto-Manuel Perez Incendio no Pindo-Foto-Manuel Perez Incendio no Pindo-Foto-Xose Carril 2 Incendio no Pindo-Foto-Xose Carril Asi quedou a peninsula dos Mouchos no Pindo-Foto-MPPN Asi quedou a peninsula dos Mouchos no Pindo-Foto-MPPN  

Outro incendio entre Berdoias e Berdeogas

Incenido en Berdoias-Fani Santos Incenido en Berdoias-Fani Santos

Tamén de noite, uns 30 bombeiros con dúas motobombas tiveron que acodir a sofocar un incendio entre Berdoias e Berdeogas, entre os concellos de Vimianzo e Dumbría. A primeira hora da mañá considérase apagado.

Ademais, xa contamos que en Fumiñeu (Muxía), no Vilar (Carnota) e en Entrecruces (Carballo) dous conatos foron controlados polos veciños con rapidez.

 

Porto de Brens

Incendio no peirao de Brens Incendio no peirao de Brens

Mención aparte merece o caso do peirao de Brens. Onte ao mediodía botaba a arder a madeira que levaba varios meses acumulada. O barco de Salvamento Don Inda tiña que poñerse a traballar e tras uns minutos de incertidume conseguía sofocalo.

Se neste caso non aparece o culpable, haberá que reflexionar.

O Don Inda sofocando o incendio do peirao de Brens O Don Inda sofocando o incendio do peirao de Brens Incendio no peirao de Brens-Foto de Emilio Dominguez copia Incendio no peirao de Brens-Foto de Emilio Dominguez sta da  

Restos do de Toba

Imaxes que nos lembran o crú que foi o incendio de Toba, Sembra, Sardiñeiro, Estorde...

+ Imaxe do incendio de Toba-Foto-MarcosKor Así de duro foi o incendio de Toba-Foto-MarcosKor Helicoptero antiincendios collendo auga en Estorde-Foto-MarcosKor Helicoptero antiincendios collendo auga en Estorde-Foto-MarcosKor Asi quedou Toba tralo incendio-Foto-MarcosKor Asi quedaron os montes da parroquia de Toba tralo incendio-Foto-MarcosKor Demostracion de solidariedade do pobo de FIsterra-Foto-MarcosKor Demostracion de solidariedade do pobo de FIsterra levando mareas de mantas ao pavillón para os evacuados de Sembra, Cabaleriza e Sardiñeiro-Foto-MarcosKor  

As consecuencias

Rubén Santamaría fixo este crú percorrido polas zonas arrasadas nos incendios de Cee e Fisterra.

#seveslume085

Agracedemos e invitamos aos usuarios de QPC que nos fagan chegar as súas imaxes e impresións a través do noso Facebook e o noso Twitter, e a través do whatsapp (637 704 893). A resposta de onte foi espectacular e os lectores de QPC achegáronnos máis dunha ducia de imaxes dende varios puntos da comarca para manternos informados. E lembramos tamén, como fai a Consellería do Medio Rural e do Mar, que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. #seveslume085  

Incendios forestais 2016

Incendios forestais 2015

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios