martes. 10.06.2025
El tiempo

O Polígono de Vimianzo dá 7 pasos adiante

O Polígono de Vimianzo dá 7 pasos adiante
A nave de Pan Ignacio e de Frutas Salgado no Poligono de Vimianzo

Paramos esta pasada semana no Polígono Empresarial de Vimianzo, un deses que levan criando toxos máis de 5 anos. E ademais de un par de familias de canciños paseando (bo espazo para soltar aos teus compañeiros e que corran con tranquilidade) comprobamos que son varios os proxectos en marcha.

E iso que todo o mundo é consciente de que un dos problemas do parque vimiancés é o prezo das parcelas. Dende o Concello veñen solicitando á SEA que oferte rebaixas como as realizadas en Santa Comba, Ponteceso ou Carballo por Xestur, o ente que xestiona os polígonos de titularidade autonómica.

7 proxectos en marcha

Actualmente hai dúas naves construídas (de Pan Ignacio e Frutas Salgado), hai unha obra en marcha (a dun complexo de pádel e hai outras 3 licenzas aprobadas: unha empresa de frío e dúas empresas de materiais de construción. En total, 7 proxectos en marcha.

A primeira nave en poñerse en marcha foi a de Pan Ignacio, unha das empresas vimiancesas con máis proxección a nivel nacional. Foi no 2012 cando comezou a construirse a nova nave, pero problemas crediticios impiden a posta en marcha da nova fábrica panificadora.

Frutas Salgado, outra empresa vimiancesa con visos de crecemento, xa ten a nave practicamente perfilada. Aínda non ten prazo de apertura, e se ben non ten presa, non tardará en facelo, e pode servir de pulo para acondicionar todo o recinto.

Obras de cimentacion do proxecto de Padel no Poligono de Vimianzo

O terceiro proxecto en marcha é o do Pádel Costa da Morte, un proxecto que nace da man da empresa de Camariñas Cutrín, con Roberto Martínez á cabeza. Serán 2000m cadrados dedicados o deporte e o ocio, con varias pistas de pádel, cafetería ou ximnasio. As obras xa están en marcha así que estaremos atentos a ver como evolucionan.

Maqueta da nave do Padel do Poligono de Vimianzo

Mentres, seguiremos pendentes da empresa de frío e as dúas empresas de materiais de construción.

Accións de limpeza e restauración

As toxeiras invaden os poligonos empresariais

Ademais, como dicimos, as toxeiras están facendo do polígono o seu campo de batalla. En todo caso, hai varias actuacións previstas por parte do Concello vimiancés. Entre elas o concello levará a cabo na primavera a limpeza da toxeira, como se veu facendo os pasados anos. Proximamente repoñerase o cable roubado para o alumeado, aprobado dentro do PAI da Deputación.

Ademais, segundo nos informa o concello, a SEA comprometeuse en solucionar en breve o abastecemento da auga.

Novas sobre o polígono

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios