O PP camariñán xa pide a dimisión do alcalde trala apertura do xuízo oral
08:12 15/07/15
Conmovida está Camariñas trala apertura de xuízo oral do alcalde, por suposta prevaricación administrativa no caso do Tanatorio. Parece que o propio Manuel Valeriano Alonso e o PSOE local vai esperar a mover ficha ata o luns despois das Festas do Carme. Pero quen non espera é o PP Local, que na voz do voceiro local, Mauricio Aufiero, insta “ao PSdeG a cumprir co seu código ético” do seu partido, que precisamente fixa a apertura de xuíro oral a liña vermella para a dimisión dos seus cargos políticos.
O PP invoca ao líder dos socialistas, Gómez Besteiro, a aproveitar “esta boa oportunidade de demostrar o valor e o peso da súa palabra, logo de terse dedicado no seu día a dar leccións morais e de funcionamento ao resto de partidos”.
Novas relacionadas
- 13-07-15: Aberto o xuízo oral contra o alcalde de Camariñas.
- 29-05-2013_ A Xunta zanxa o temado tanatorio de Camariñas.
- 25-04-13: O xuíz investiga un posible delito de prevaricación nunha recalificación de Camariñas.
- Camariñas segue pendente do Tanatorio.
Fonte
- Nota de prensa do PP provincial.