Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PP comeza a campaña comarca a comarca

O PP comeza a campaña comarca a comarca
PP comarcal en Sardineiro O PP comarcal de visita por Sardiñeiro

Queda ben pouco para as Eleccións Xerais e a caída dos dous grandes partidos parece clara. Pero toca facer campaña, comarca a comarca, e nesa liña achegouse o secretario do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, á comarca de Fisterra.

Calvo defendeu hoxe, ante os alcaldes e os portavoces do Partido Xudicial de Corcubión, os bos resultados económicos alcanzados grazas ao labor do goberno de Mariano Rajoy durante os últimos catro anos. "achegamos o país á recuperación, agora toca achegar a recuperación a todos os fogares", dixo.

Na reunión mantida hoxe para tratar asuntos que afectan aos concellos de Corcubión, Dumbría, Fisterra, Carnota, Zas, Muxía, Camariñas, Cee e Vimianzo; Diego Calvo fixo fincapé na importancia de realizar un "esforzo para que os cidadáns coñezan e sexan conscientes de que as medidas impulsadas polo Partido Popular propiciaron que hoxe España se atope nunha mellor situación que a de fai catro anos".

O discurso da "experiencia" ante a chegada dos novos partidos é a principal idea que baralla o grupo popular. "Non é o momento de experimentos. É o momento de apostar por unha formación como a do Partido Popular, que acreditou durante moitos anos que pode e sabe gobernar para todos os españois", concluíu Calvo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios