Venres. 26.04.2024
El tiempo

O programa de emprego para 85 mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo segue en marcha

O programa de emprego para 85 mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo segue en marcha
Reunión en Vimianzo

Continúa en marcha o "Programa integrado de emprego 2017, dirixido exclusivamente a mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo". Un programa que busca un futuro laboral para 85 mulleres destes tres concellos. Onte tiña a segunda reunión de coordinación, celebrada en Vimianzo, despois de rematar o proceso de selección das 85 participantes do PIE 2017.

A día de hoxe xa en marcha diversas accións encamiñadas a mellorar as posibilidades de inserción laboral destas persoas inscritas no programa, accións que se analizaron e expuxeron na 2ª reunión de coordinación, tanto as xa realizadas coma as que están previstas nas próximas datas.

A comitiva analizou as accións que se están desenvolvendo como cursos formativos, obradoiros, charlas, información, asesoramento e orientación laboral, xestión de ofertas de emprego, xestión de prácticas en empresa, fomento do emprendemento, prospección de empresas e intermediación laboral, etc.

En concreto, esta semana realizouse o curso de manipuladora de alimentos, cunha duración de 4 horas e cunha participación de 50 persoas en total. Celebrouse nos tres concellos (Camariñas, Muxía e Vimianzo) co obxectivo de achegar a formación ás usuarias do programa e facilitando así unha maior participación. Esta será a tendencia de tódalas accións que se leven a cabo no programa, coma o curso de prevención de riscos laborais que se celebrará a semana que vén: O mércores día 14 en Vimianzo, o xoves día 15 en Camariñas e o venres día 16 en Muxía, en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00, cunha duración total de 10 horas, curso no que se agarda tamén unha ampla participación.

Prevense realizar durante o desenvolvemento do PIE2017 outras reunións de coordinación cunha periodicidade mensual, nas cales se analizará o funcionamento do programa, as accións que se van realizando, os resultados obtidos, etc.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios