O Raid máis esixente do mundo atravesa a Costa da Morte


Se vos cruzades con algún grupo de 4 deportistas en bici, correndo ou en kaiak, non temades. Serán algún dos equipos que estes días atravesa a Costa da Morte na proba deportiva máis esixente do mundo. O Raid Gallaecia (podedes seguir en directo a carreira en tracktherace.com) arrincaba este pasado domingo de Cuntis, Pontevedra, pero xa se adentrou no noso territorio, na procura da meta, o Obradoiro de Santiago de Compostela, despois de máis de 500 km de carreira, BTT, treckking, kaiak… no marco de, ante todo, unha proba de orientación, tendo que pasar por ducias de puntos de control .
Xa van chegando os equipos do Raid Gallaecia ao pavillón de Baíñas!!!
Posted by Que pasa na Costa on Mércores, 13 de Maio de 2015
Onte ían chegando os grupos durante a tarde de onte ao pavillón de Baíñas, ante a ovación dos cativos do colexio que se achegaron a recibilos. Apenas descansaron un rato, gardaron as bicis, prepararon os kaiaks, e arrincaron cara o encoro da Fervenza para atravesalo, baixaron as pozas do río Xallas ante a cascada facendo barranquismo (recordando a aqueles bombeiros tolos que quedaran "colgados"), xa completaron unha perigosa subida nocturna polo Monte Pindo, para mesmo chegar ata Fisterra.



De Fisterra parten xa hoxe, polo impresionante Camiño dos Faros, do revés, facendo de trasn@s extremos, pasando por Muxía e Camariñas, picando no Cemiterio dos Ingleses, e a Pomnte do Porto, para comezar a volta, cara o Obradoiro, facendo o Camiño de Santiago, pero tamén do revés.

Un equipo costeiro

Moito nivel hai nesta proba de carácter internacional. Os 3 primeiros equipos van a outra marcha, e o noso equipo, o Brigantia Fiateira Motor, formado por dous coruñeses e dous pontecesáns, Priscila e Quito, van algo máis atrás, pero seguros. Tiveron algún problema con varios puntos de control, pero van superando os tempos e seguen en competición, e polo que vemos nas redes sociais van con moita alegría, sobre todo Pris, que parece a gran animadora do grupo.
Moita sorte!!
Máis novas
- A proba de aventura máis esixente do mundo atravesará a Costa da Morte.
- Dous pontecesáns na proba de aventura máis esixente do mundo.
- Unha trasna, a única española en completar o Ultratrail de Alaska.
- O Ultratrail Camiño dos Faros xa ten data para 2015.
- 2014: 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- Jorge Lariño: Saio a correr, non saio a running.
- Barranquismo de risco pola Fervenza do Ézaro.
- “Colgados” na Cascada do Xallas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).