O Seprona incauta en Camariñas 3000 quilos de sardiñas en situación irregular
08:09 23/06/16
A sardina incautada onte en Camarinas carecia da documentacion pertinente para o transporte
Efectivos do Seprona da Garda Civil de Corcubión incautaron onte 3000 quilos de sardiñas en situación irregular en Camariñas. Ao parecer, a mercancía carecía da documentación necesaria para o transporte segundo a lexislación aplicable.
A incautación produciuse a raíz dun control rutinario cando os axentes lle deron o alto a un camión isotermo con dirección a Vimianzo para controlar a carga transportada. Nese momento comprobaron que o peixe non contaba coa documentación necesaria polo que procederon a incautalo. As sardiñas entregáronse no almacén do banco de alimentos de Galicia, situado no porto pesqueiro da Coruña.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- EuropaPress