luns. 02.12.2024
El tiempo

O xadrez invade a fin da terra

O xadrez invade a fin da terra
Xarez Entre Faros Chess Faros

Xa está aquí o Torneo Internacional de Xadrez Entre Faros. Si, un auténtico nivelazo para un deporte que crece a pasos axigantados na zona. I é que non tódolos días acollemos un torneo cos mellores do mundo nos nosos emblemáticos faros. Con base en Muxía, no mesmo Cabo Touriñán, o xadrez estase a convertir nunha referencia costeira, e aproveitando o simbolismo dos Faros e da propia bisbarra, Santiago Pérez Haz consegue traer 5 mestres mundiais ata este curruncho do mundo.

Serán 2 semanas enteiras de xadrez ao máximo nivel mundial alternando os Faros de Fisterra, o Vilán e a Biblioteca Municipal (mágoa que o Faro Touriñán non estea listo para recibir un evento así). Ademais, haberá unha completa serie de actividades paralelas para facer do torneo un verdadeiro evento social.

Estrelas na mesa e tralo micro

Leontxo García retransmitirá as partidas dos Mestres Iván Salgado, Julio Granda, Richard Rappor, Lázaro Bruzón e Ivan Cheparinov nos Faros da Costa da Morte

Pasarán polas mesas estrellas do mundo como o ourensán recente campión de España Iván Salgado, o cubano Lázaro Bruzón, o húngaro Richard Rapport, o búlgaro Iván Cheparinov e o mexicano Julio Granda Zúñiga.

E se na mesa estarán grandes mestres, para contalo Santiago, coa colaboración dos tres concellos implicados, conseguíu a participación do máis coñecido e reputado comentarísta de xadrez de todo o estado. Leontxo García, tras máis de 40 anos informando sobreo mundo do xadrez, chega a Fisterra para comentar as partidas, e dar unha charla sobre "Ciencia e xadrez". Teremos as orellas ben abertas.

Este sábado arrinca en Fisterra

Sen ben hoxe e mañá irán chegando moitos dos mestres, este sábado 5 de outubro o Torneo arrinca no Fato Fisterra. Ás 11:00h terá lugar a presentación no Salón de Actos do Concello de Fisterra. Ás 17:00h no propio Concello poderemos disfrutar da actuación dos “Increíbles” (do programa de Antena 3)Ademais, Antía Martínez tamén terá o seu momento cunha charla sobre os Faros e a Memoria.

Atentos os amantes, que as partidas cos grandes mestres xa comezarán ás 15:00h no Faro fisterrán.

Para o domingo, ás 12:00h, como dixemos, charla co xornalista Leontxo García Olasagasti “Ciencia y ajedrez”, no Salón de Actos do Concello.

Tan o máis importante será a visita do luns 7 de outubro, cando os mestres farán unha visita polos colexios de Fisterra baixo o lema "Aprendendo a xogar ao xadrez". O propio luns continúan as partidas a partir das 15:00h no Faro.

Actividades paralelas

EventoDataHoraLugar
"Xadrez incríble" con Dan Cruz e Ángel Paredes10/5/2013 17:00Fisterra
"Faros e memoria" con Antía Martínez10/5/201318:00Fisterra
"Xadrez e ciencia" con Leontxo García10/6/201312:00Fisterra
"Faros e vida" con Ángel Carracedo10/9/201318:00Faro Vilán
"As estrelas sobre Muxía" con Josefina Ling 10/12/201318:00Muxía
"Medir o perímetro da terra razonando" con Josefina Ling10/12/201317:00Muxía
Xadrez para todalas persoas "Equipo ENTRE FAROS"10/7/201311:00Fisterra
Xadrez para todalas persoas "Equipo ENTRE FAROS"10/8/201311:00Camariñas
Xadrez para todalas persoas "Equipo ENTRE FAROS"10/9/201311:00Camariñas
Xadrez para todalas persoas "Equipo ENTRE FAROS"10/10/201311:00Camariñas
Xadrez para todalas persoas "Equipo ENTRE FAROS"10/11/201311:00Muxía
Xadrez para todalas persoas "Equipo ENTRE FAROS"10/14/201311:00Muxía

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios