Sábado. 20.04.2024
El tiempo

#OLegadodoTibu arrasa na rede costeira

#OLegadodoTibu arrasa na rede costeira
OLegadodoTibu na rede da Costa da Morte

Espectacular o que está a pasar no Facebook da Costa da Morte. Espectacular o poder que ten esto da internet.
Seguro que moitos de vós mentres repasades o voso muro notades que hai unha marea de vídeos de amigos de aquí e acolá disfrazados, e botándose á auga, faga o tempo que faga. Pois si, o “O Legado do Tibu” está en marcha.

Trátase dunha simpática iniciativa que comezou, dende Suiza, un rapaz de Xaviña, Damián Pereira, coñecido como o “Tiburón”. Os seus compañeiros de traballo alá no exilio, facíanlle a “faena” aos amigos de nominalos, para terse que bañar mesmo a temperaturas intempestivas. A campaña nacera hai tempo nos Estados Unidos, en clave solidaria e para lembrar a un cativo enfermo de cancro.

Hoxendía, xa a temos petando na Costa da Morte en clave festexeira. “A clave é divertirse”, coméntanos o propio Damián, que non contaba, "nin de coña", con tanta repercusion. Pero tamén hai que salientar o moito que une a bisbarra, permitindo que ducias de veciños de Camariñas coñezan a outros en Carnota, e así por toda a zona. Pero vai más alá, porque serve ademais para unir ás xentes costeiras polo mundo, serve para achegar a diáspora á terra, e se non que llo digan a eses galegos no Brasil, ou eses galegos en Venezuela, ou eses galegos en Tenerife, que xa foron nominados e que se senten un pouco máis na casa con esta iniciativa.

I é que estas cousas serven para vertebrar unha comunidade. Xa vimos que percorreu, dende a Xaviña suiza, ata todos os puntos da bisbarra. Camariñas, Vimianzo, Baio, Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Ponteceso, Corme, Malpica, Carnota, Muros… Todos foron caendo “comarea”, chegando mesmo a ver aos alcaldes de Vimianzo, Manuel Antelo, e de Muxía, Félix Porto, mollándose polo Tibu; e cómpre estar atentos, que agora tócalle a Pichurri, ou se non vai terlle que galar unha mariscada a Félix… Nin de coña contaba Damián que a traves da súa iniciativa ía conseguir que o seu alcalde se mollase pola mocidade camariñá...

Precisamente niso consiste o asunto: ti, que fuches nominado por algún amigo, nomeas a tres persoas, que, se noin se pegan un baño en 48 horas tocaralles pagarche unha cea. Así está a cousa. Pero esto é só o comezo. Damián, e o seu "enviado especial na Costa", Felipe Santos, xa están armando unha campaña solidaria a base de camisolas, e os fondos que recauden tamén o destinarán para loitar contra o cancro.

Xa vimos as primeiras Camisetas de #OLegadodoTibu

Por unha festiva Romaría do Tibu

Damián segue en Weinfelden, alucinando coa repercusión que está a ter a súa iniciativa. E xa propón unha data para facer a Romaría do “Legado do Tibu”, que podería ser o 9 de agosto na praia de Xaviña, co simple interese de xuntarse, coñecerse botar unhas risas e acabar todos no mar!! Damián propón unha festa estilo Suiza, cada un cos seus bocatas e bebida, e a disfrutar!

Exemplos do #LegadodoTibu

Aquí vos deixamos un par de exemplos, este dos máis orixinais:


E este, un dos primeiros, como non de Juan Gimel, sempre á última, máis estándar, sobre como se desenvolve o “Legado do Tibu”:


Pero o orixinal, o primeiriño, que protagoniza, en alemán, Damián Tibu e un amigo suizo, é este:


Este, por exemplo, foi o primeiro alcalde en "mollarse", Manuel Antelo, alcalde vimiancés (que o de Félix Porto, polo de agora o segundo, non o podemos compartir polas súas restrición de seguridade)

Así que pasen polo Grupo de Facebook “O Legado do Tibu” e boten un ollo…

Fonte

Comentarios