Orzamentos da Xunta 2018: O PP comarcal agrace o “compromiso” e o PSdG lamenta o “esquecemento”
11:12 23/10/17
Loli Toja e Aurelio Núñez valoran os orzamentos da Xunta 2018 na Costa da Morte
Chegan as primeiras valoracións dos grupos comarcais sobre os Orzamentos que vén de aprobar a Xunta de Galicia para o curso 2018. PP e PSdG mostran a clásica discrepancia entre apoio e crítica como goberno e oposición que son. Repasamos os datos máis interesantes de cada análise, á espera das achegas de outros grupos.
O PP: “compromiso”
Tocoulle ao deputado autonómico Aurelio Núñez, facer balance comarcal, destacando “o compromiso” do goberno galego coa comarca da Costa da Morte. “En total son case 10 millóns de euros que servirán para mellorar as infraestruturas, os servizos e a actividade industrial da comarca”, destacou Núñez, quen subliñou que se trata dunhas contas máis “sociais e centradas na creación de emprego”. O deputado destacou que os orzamentos do 2018 “garanten a continuidade da vía de altas prestacións da Costa da Morte, que conta cunha partida de 900.000 euros, e cuxo tramo Baio-Vimianzo estará finalizado na presente lexislatura”, é dicir, en 2020. “A industria de Carballo concéntrase no polígono de Bértoa, e todo o que sexa apoiar o seu crecemento e a súa mellora é unha gran noticia para toda a comarca”, apuntou o deputado que lembrou os 270.000 euros que a Xunta destinará á mellora dos centros de Formación Profesional de Carballo. Ademais, o deputado autonómico valorou de maneira “moi positiva” a partida de 500.000 euros destinada a dragaxe do porto de Laxe, unha actuación eternamente demandada pero que será un simple parche ao gran problema que ten. Ademais, hai pequenas partidas para reforzar os amareres do porto de Camariñas, e do abrigo do porto de Fisterra, que contará cunha partida de máis de 260.000 euros.O PSdG: “esquecemento”
Pola contra, a Deputada socialista Loli Toja, coa que falamos a semana pasada longo e tendido, lamenta que os orzamentos son unha “condena ao esquecemento” e demostran que “a Xunta non aposta por estas comarcas, nin ten nin pretende ter proxecto para os territorios esquecidos”. Toja sinala que en Bergantiños “a recuperación do investimento é mínima. Tan só reflicte dúas mencións, que son o dragado da Laxe coa metade do investimento do ano pasado, e a Edar de Laracha, que continúa co investimento de 2017”. Con respecto á dragaxe de Laxem Loli Toja lembra como se repite a historia, sinalando que en realidade, hai "Execución cero"- 2018 -> 500.000 euros, para un total de 3 millóns. Inicio: 2018 Fin: 2020
- 2017 -> 1.200.000 euros, para un total de 3 millóns. Inicio: 2017 Fin: 2019
- 2016 -> 1.000.000 euros, para un total de 3,5 millóns. Inicio: 2016 Fin: 2017
Novas relacionadas
- Outubro 17: Loli Toja: “É unha gran satisfacción conseguir que aumenten o servizo de diálese no HVdX de 8 a 24 pacientes diarios”:
- Setembro 17: O PP comarcal traballa para recuperar o peso político perdido na Costa da Morte en 2015.
- 2014: O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).