Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os empresarios de Camariñas inician unha Campaña de Primavera

Os empresarios de Camariñas inician unha Campaña de Primavera

A Asociación de empresarios e promoción turística de Camariñas coa colaboración do Concello de Camariñas pon en marcha a Campaña de Primavera (sen o i...) Comercio de Camariñas. Unha campaña na que tamén colabora a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello palilleiro.

A iniciativa contempla descontos do 10 ao 30% nas compras, os días 31 de marzo, 28 de abril, 26 de maio e 30 de xuño, na rede de comercios adheridos a este programa. Tamén realizaranse sorteo de cesta de agasallos entre aqueles que merquen durante a campaña nestes comercios. As rúas de Camariñas seran engalanadas e decoradas polos asociados desta entidade durante estas datas de campaña.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Empresarios de Camariñas.

Comentarios