Os maiores de Camariñas bautízanse na rede
Continúan os cursos de internet facendo que os nosos maiores comecen a sumerxirse na rede. Se estas semanas pasadas eran os empresarios os que aprendían ferramentas 2.0, hoxe é a a Aula CeMit de Camariñas a que organiza un "Curso de internet para maiores de 55 anos".
O prazo está aberto ata ás 12:30h do martes 11 de outubro e o máis importante é que non se precisa experiencia anterior. Por iso, animade aos voso familiares a acodir, porque este curso é precisamente para iso, para bautizarse. Pero rçapido, que só hai 9 prazas, e por orde de inscrición. Poden facelo no 981 736 506, de 9:30 a 13 e de 15:00 a 19:00 da tarde.
As clases serán na Aula de Informática do Centro de Iniciativas, primeiro andar, ao lado do Centro de Saúde. O curso será de 5 horas e media, repartidas entre os mesmos días 11, 13 e 14 de outubro, en horario de: o día 11 de 17:00h a 19:00h; e os días 13 e 14 de 17:00h a 18:30h.
Novas relacionadas
- A Aula da Rede CeMIT de Fisterra abre novos cursos mentres a de Corcubión está paralizada.
- Galinus espalla as redes sociais por Baio, Camariñas e Ponteceso.
- Vimianzo aprende novas formas de marketing online.
- Dous novos pasos para o polígono da Ponte do Porto ante a ironía do PP.
- 100 queixas do BNG polos 100 días de goberno socialista en Camariñas.
- A Costa da Morte á cola da implantación da internet en Galicia.
Fonte
- Nota de prensa do Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas, Emilio González.