Os pequenos de Arteixo coñecen a historia de man a través das acuarelas
A libraría "Á lus do candil" de Arteixo acolleu esta pasada fin de semana un magnífico e concorrido obradoiro en homenaxe a Man, o alemán de Camelle.
Na sesión, na que participaron a escritora Beatriz Maceda, autora do libro "Man, o alemán de Camelle", e Laura Veleiro, ilustradora deste fermosísimo volume editado por Galebook, tivo lugar un dinámico obradoiro no que os rapaces e rapazas asistentes elaboraron as súas propias obras de arte en homenaxe ao xenial artista falecido en 2002. Fixérono empregando pedras, acuarela e outros materiais.
No transcurso desta marabillosa sesión literaria, Beatriz Maceda contoulles aos nenos e nenas quen fora Man, a que se dedicaba e que represenou o seu exemplo para o mundo da cultura, da arte do respecto polo medio ambiente e os valores humanos.
Artigos relacionados
- Lorena Martínez Canosa: Man de Camelle.
- Fotodenuncia: O Museo de Man, en coma.
- Os voluntarios da Fundación Man de Camelle protestan ante a impasibilidade das administracións cunha velada.
- Recunchos da Costa: O Museo de Man de Camelle.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).