Luns. 06.05.2024
El tiempo

Paula Mouzo Mas, a nova cara do PP camariñán

PAULA MOUZO PP Camarinas
Paula Mouzo Mas, a nova cara do PP camariñán

Paula Mouzo Mas é a nova candidata do Partido Popular a alcaldía de Camariñas. Preséntase por vez primeira cunha lista que xunta xente nova e caras expertas no municipalismo nas catro parroquias. Paula Mouzo ten claro que o concello “non pode seguir máis anos perdendo emprego e habitantes”, porque “Camariñas necesita ilusión, un novo rumbo e grandes proxectos apoiados polo sector privado e as administracións. O Partido Popular pode e quere transformar Camariñas”.

- O PP é moi crítico coa situación económica do Concello. Que cambios propón na administración local?

Estamos en contra do uso partidista dos recursos e do emprego público, de vender servizos por favores, da inseguridade xurídica e económica das adxudicacións, da tardanza ou falta de garantía da cobranza de obras e servizos. Unha xestión orzamentaria rigorosa e eficiente debe acabar co gasto improductivo, e a débeda que hipoteca aos nosos fillos e netos. Dous millóns seiscentos mil euros de débeda ten o concello socialista de Camariñas. É necesaria a estabilidade e sustentabilidade financeiras; a exención tributaria e a redución de impostos. Menos tributos, menos gastos innecesarios. Impulsaremos a axilización dos trámites administrativos buscando eficiencia e apertura aos veciños. Eliminar a cita previa obrigatoria, establecer vías preferentes para os maiores ou evitar duplicidades serán algúns dos nosos obxectivos. Débese apostar pola xestión de servizos compartida con outras administracións ou mancomunada con outros concellos.

- Que propostas tendes para o secto do mar?

Defenderemos os intereses do noso sector pesqueiro, reducindo o impacto nos custos que actualmente poñen en risco a súa supervivencia e apostando polos investimentos portuarios que sempre impulsamos onde gobernamos. Apoiando ás confrarías nas súas demandas ás administracións e na supervivencia dunha forma de vida ligada ao mar atacada pola esquerda e o falso proteccionismo. Pero tamén apoiaremos a agrupación dos agricultores, unificando esforzos na prestación de servizos comúns e capacidade de produción. Apoiaremos a xestión responsable dos montes cun plan piloto de concentración parcelaria forestal ou o fomento das agrupacións de xestión conxunta.

- E do turismo?

O turismo pode ser un forte valor de Camariñas, compatible coa sustentabilidade dos recursos ambientais e será un piar da nosa política. Turismo e comercio van da man, por iso fomentaremos a formación turística na hostalería e o comercio, as campañas de promoción e a captación de operadores turísticos, a creación de áreas de autocaravanas. A posta en valor con apoio privado do faro, a lonxa vella, o castelo. Temos un completo Plan Municipal de Turismo Activo que inclúe o Proxecto Man de Camelle nunha carpeta, para encher o pobo do espírito e a arte de Man, por suposto coa restauración da súa casa museo como demandan os veciñose a familia. A bandeira azul da praia de Arou será a punta de lanza da revalorización do resto de areais, da nosa cara mariña e os nosos portos pesqueiros: Camariñas, Camelle, Arou, Santa Mariña.

- As obras son a parte máis visible dos mandatos...

En canto a obras o PP conta cun plan xeral de traballo en distintos departamentos e varios programas específicos, ademais dunha lista de melloras e necesidades por parroquias. Moitas son demandas veciñais e outras ideas que forman parte dun conxunto para crear unha marca de concello con clara esencia mariñeira. En Camariñas podo citar o paseo marítimo e a dragaxe da dársena. O embelecemento da fachada marítima, unha escola taller de hostalería e o ximnasio, o punto limpo. En Ponte do Porto a segunda fase do paso marítimo e o paseo fluvial da Xunqueira, unha casa de cultura, a reforma do parque infantil, os accesos ao campo de fútbol e os viais de Dor, Allo, Xarás, A Grixa. En Camelle o Proxecto Man abarca facetas variadas nunha carpeta de seu, e engadimos o uso funcional da Casa de Cultura e a Casa do Mar. En Camelle e Arou debemos apostar por unha nova urbanización. En Xaviña: a rede de saneamento e depuración de augas, a pista do Ariño, o paseo fluvial, o xoguete roto de Aldea Madeira. E sí; necesitamos a Xunta, a Deputación e o Goberno. E os tres este ano van estar gobernados polo PP se temos o apoio dos votantes e segue esta tendencia, esta ansia social de cambio.

Comentarios