Pero chega a campaña das Eleccións Europeas á Costa da Morte?

Escóitase, rumoréase, dise… Seica as eleccións Europeas do 24 de maio están aí, a volta da esquina. Nunha bisbarra na que a preocupación fundamental sempre foron os comicios municipais, a lonxanía do “señor Europa” fainos bastante escépticos sobre a nosa relación con el. “Ti moves Europa” dinnos os grupos maioritarios, a pesar do alleos que sentimos a posibilidade de incidir
O “Ti decides”, despois de ver como dende arriba quitan primeiros ministros escollidos democraticamente para poñer técnocratas decididos por uns poucos; como fan do reparto de bens primarios como o leite ou a pesca á medida dos máis ricos; como toman decisión evitando sempre a palabra “referendo”… fai reprantexarse moitas cousas.
En todo caso, si que chega a campaña á Costa da Morte

Pero si, chegan Eleccións Europeas á Costa da Morte? Pois parece que si. Parece que este venres 9 de maio teremos o primeiro mitin que abrirá a campaña de cara ás eleccións europeas do 24 de maio. Será en Camariñas e da man do PSOE, no que falarán o alcalde Pichurri, Marisol Soneira, Francisco Caamaño e o voceiro nacional Xosé R. Gómez Besteiro.
Para os indecisos coma nós, podedes probar con esta ferramenta euvox.eu que axuda a ver de que lado estás pregunta a pregunta. Así e todo, non é infalible…
Dous mítines en Muros e Outes
Ademais, este venres 9 de maio, ás 20:00 horas no restaurante O Castelo, dentro da campaña para as eleccións europeas, vai ter lugar un mitin do PP no concello de Muros, no que intervirán Elena Muñoz Fonteriz, conselleira de Facenda da Xunta de Galicia, José L. Torres Colomer, senador, e Inés Monteagudo Romero, presidenta da xestora local.
Xa na Serra de Outes, durante a mañá do este domingo día 11, Compromiso por Galicia presentarase para "dicirlle a xente da nosa comarca que Europa queremos e qué cousas queremos cambiar, así como seguir escoitando a opinión de todo o mundo". Estarán Xosé Ramón Riomao (Portavoz municipal de Compromiso Por Outes), María Xosé Alfonso Torres (Candidata de Compromiso ao Parlamento Europeo pola nosa comarca), Xoán Bascuas (Secretario Xeral) e Paulo Carlos López ( Candidato de CxG ao Parlamento Europeo).
Máis citas do PP
Anuncia o PP dúas visitas para abrir a campaña na Costa da Morte, con cita no Restaurante o Centolo de Fisterra, ás 11:00h con Manolo Campana e a polémica Paula Prado. E cun cea-mitin en Carballo, no Hotel Punta del Este a partir das 20:30h, no que estarán Miguel Ferreiro, Carlos Negreira e o propio Alberto Núñez Feijoo.
Fonte
- Redacción de QPC (info|@quepasanacosta.gal).