Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Poetas da bisbarra participan na obra 150 Cantares para Rosalía

Poetas da bisbarra participan na obra 150 Cantares para Rosalía
150 Cantares para Rosalia de Castro

Hoxe ata Google lembrouse do 178 aniversario do nacemento de Rosalía. E se xa limos a Óscar de Souto falarmos das Rosalías de hoxe en día, e xa coñecimos as actividades culturais do Concello de Carballo arredor da data, toca falarmos en termos poéticos.

I é que precisamente, moitas desas Rosalías ás que fai referencia o poeta cabanés, participan na edición dixital dun libro con destacados poetas galegos. Entre eles varios da Costa da Morte como Blanca Vilela, Rosalía Fernández, Rafael Lema, Miro Villar ou Modesto Fraga. O libro leva por titulo “150 cantares para Rosalía de Castro” e pode descargarse en rosaliadecastro.org.

Suso Diaz foi o promotor desta obra, un libro homenaxe aos "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro. “É un proxecto no que levo traballando dende 2013, publicado ao mundo coincidindo coa data de nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 2015” explica o autor. Díaz informa que “neste proxecto participamos 151 poetas, con 150 poemas, feitos a partir doutras tantas estrofas sacadas dos poemas de Rosalía. 16 artístas plásticos, con 15 representacións gráficas inspiradas nos Cantares gallegos, ou en Rosalía de Castro”. “Tamén sumaron a súa voz, o crítico literario Ramón Nicolas, que é o autor do Prefacio, e a escritora Mercedes Queixas Zas, mestra en Coristanco, que é a autora do limiar” destaca Díaz.


Un día con Rosalía nos Muíños

Para celebrar o 178º aniversario de Rosalía de Castro, alumnado e persoal do CEIP "Os Muíños" participou nun recital de poesía no que os ouvintes puideron disfrutar de novo da palabra de Rosalía.

Un Día de Rosalía en Cee?

Aprobaba non hai moito o pleno do Concello de Cee unha moción presentada polo BNG para render polo Día de Rosalía. Sen embargo non chegou o concello a tempo e o BNG quixo render a súa pequena homenaxe elaborando varios cartazes a man e colocalos na rúa que leva o seu nome emais na Praza 8 de marzo.

O BNG Recordando a Rosalia

Aquí, vai unha por Rosalía:

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios