Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Que ningún namorado quede sen poesía

Que ningún namorado quede sen poesía

Namorados ficamos ante esta atrevida proposta poético-musical. Esta pasada fin de semana saía á venda o primeiro disco de ELO, proxecto da escritora carballesa-muxiá Rosalía Fernández Rial e o músico vasco-herculino Serxio Moreira. Xa teñen actuado en numerosas ocasións e desta volta queren deixar a súa pegada nos aparellos de música dos amantes de poesía.

A proposta era publicada o 14 de febreiro, pensado para que ningún amante quede sen poesía!

Elo son os Versos e voz de Rosalia Fdez Rial e o piano de Serxio Moreira Serxio Moreira musica os versos de Rosalia Fernandez Rial

Ambos veñen traballando xuntos en diversas montaxes nas que levan á escena a poesía de Rosalía musicada por Serxio. Neste 2015 acabaron de gravar os seus dous últimos traballos: "Vinte en escena" e "Ningún amante sabe conducir", dous títulos que coinciden cos dos últimos libros da autora publicados por Edicións Positivas. Nesta dimensión sonora a autora-actriz aposta por unha lectura interpretada dos seus versos, mentres que a música se move en terreos da electrónica e o experimental.

Todos os temas se poden escoitar na bandcamp do grupo.

ELO-Disco de Rosalia Fernandez Rial e Serxio Moreira

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas musiqueiras

Fonte

Comentarios