Sábado. 24.08.2019
El tiempo

A Ponte do Porto únese ás rutas shinrin-yoku

Imaxe da Ruta dos Muíños da Ponte do Porto-Foto-Jesus Simon
Imaxe da Ruta dos Muíños da Ponte do Porto-Foto-Jesus Simon
A Ponte do Porto únese ás rutas shinrin-yoku
A Ponte do Porto únese ás rutas shinrin-yoku

Continúa medrando a incidencia do sendeirismo na Costa da Morte. Ademais dos potentes Camiños (o de Santiago e o dos Faros), e iniciativas como a Primavera en Ruta de Senda Nova ou o ciclo de Andainas Coñece a Costa da Morte, desta volta toca unirse á corrente corrente dos baños de bosque ou bosques máxicos, chamada “shinrin-yoku”.

O que se adapte a esta modalidade de relaxación e reflexión que conta con valores terapeuticos chegados de Xapón será un tramo da Ruta dos Muíños, pionera tamén no senderismo comarcal fai trinta anos.

Esta intervención nun enclave natural parte da iniciativa do colectivo ecoloxista PX da localidade, convetindo o tramo no segundo punto de Galicia, despois de Riós-Ourense, e primeiro na provincia.

Desde o grupo indican que se trata de adaptar unha zona natural a unha experiencia sensorial de conexión coa contorna nunha nova forma de camiñada, sen présas e de plena identificación cos valores naturais, etnográficos e máxicos da ruta. De feito desde PX indican que xa realizaron dúas actuacións en maio, con silvicultores da Terra de Xallas e un grupo de nenos; e preparan dúas novas incursiones, diurnas e nocturnas en xuño cun monitor; unha xa pechada a través dun operador de turismo rural local e outra aberta cun grupo de Italia. Esta última será na última semana de xuño e os interesados poden inscribirse a través do facebook colectivo PX.

As rutas son con voluntarios, abertas e gratuitas, buscando a extensión desta filosofía natural de respecto e identificación coa terra e a auga. Aínda que non vale calquera espazo e todos deben contar cunha especial conexión, de feito o lugar buscado para a meditación e o descanso está adaptado á filosofía oriental do feng shui e xa foi visitado por grandes expertos de rutas europeos.

Comentarios