Domingo. 31.05.2020
El tiempo

Portos negouse a solventar a pasarela de cristal do porto de Camariñas

 

A alcaldesa de Camariñas amosando a reforma da ponte da dársena
A alcaldesa de Camariñas amosando a reforma da ponte da dársena
Portos negouse a solventar a pasarela de cristal do porto de Camariñas

Levaba anos pechada despois de varias roturas. A pasarela de cristal do Porto de Camariñas non foi a mellor opción, parece, pero serviu para amosar as diferencias políticas entre dous estamentos que deberían entenderse por riba das siglas. Portos de Galicia denuncia que é causa da falta de mantemento do Concello, e o Concello asegura que é culpa da obra en si, feita por portos.

Ata tal punto chegou a cousa que o Concello de Camariñas decidiu instalar, con fondos propios, un novo peche de cristal (a meirande parte dos cristais estaban rotos) e unha varanda para volver abrir a ponte da dársena. Son 15.000€ de investimento propio. Agora, o goberno local vai a instalar a iluminación e limpar a zona para, nun prazo máximo de 15 días, poder abrir a ponte ao público.

Novas relacionadas

comentarios