domingo. 09.02.2025
El tiempo

O PP de Camariñas votará a favor do Plan Único e pedirá melloras en Dor no pleno

Edis do PP de camarinas
O PP de Camariñas votará a favor do Plan Único e pedirá melloras en Dor no pleno

Este mércores hai pleno en Camariñas, coa moción para aprobar as obras do Plan Único da Deputación como principal punto da orde do día.

Unha moción que sairá adiante, xa cos votos da maioría do grupo de goberno, pero tamén co apoio do PP, que anunciou que votará a favor. “Desde o PP valoramos que neste Plan se recollan varias demandas que levamos tempo pedindo como os arranxos nos recintos deportivos, unha actuación nas vías interiores do lugar do Allo ou que se recollan, xa no Plan Complementario, melloras en Santa Mariña”.

Con todo, lamenta que “para o tema do SAF dicían que era necesario o noso voto para aprobar a súa proposta, parece que para o Plan de obras non o é. E non nos consultaron nada”.

O Plan conta cun orzamento total de 470.711,83 euros para:

  • 210.711,83 euros para obras: a segunda fase da senda peonil a Lingunde (70.506,60 euros), a construción dunha pista polideportiva no CEIP O Areal (72.749,40 euros), a mellora de rúas no lugar do Allo na Ponte do Porto (36.901,08 euros) e a renovación do peche perimetral en catro pistas polideportivas exteriores (30.554,75 euros). 2
  • 260.000 euros serán para financiar gastos correntes.

Ademais, o Plan Complementario 2025, valorado en total en 279.628,19 euros, destinarase a 3 proxectos: 

  • Humanización das rúas alcalde Noguera Patiño e Médico Tomás Artaza, A
  • Arranxo e mellora de rúas no lugar de Santa Mariña
  • Reparación do pavimento na rúa Carreira.

Demandas en Dor

PP de Camarinas en Dor

Así mesmo, o grupo popular levará a pleno varias iniciativas para visibilizar e pedir solucións diante do estado de abandono do lugar de Dor, na Ponte do Porto. “A través de queixas de veciños e nunha visita a zona comprobamos que hai deficiencias que o goberno local debería solucionar canto antes”, sinala a voceira local Paula Mouzo. ”Un exemplo son dúas fontes que hai no lugar, que se deberían poñer en valor e que se encontran invadidas pola maleza e sen darlle utilidade. Tamén as vías de comunicación interiores presentan importantes deficiencias, tal é como se pode comprobar nas fotos que divulgamos e nas imaxes difundidas nas nosas redes sociais”.

”É un símbolo de deixadez preocupante polo que desde o PP solicitamos que se visite este lugar e se adopten medidas. Dor é outro exemplo da falta de atención as nosas parroquias”.

Comentarios