Martes. 11.05.2021
El tiempo

A praia de Camelle quítase o cartel de "auga non apta para o baño"

PraiaCamelleLimpeza (2)
A praia de Camelle quítase o cartel de "auga non apta para o baño"

Xa o avisaba o Concello o verán pasado o concello de Camariñas tras facer unha serie de melloras da rede de saneamento, tras detectar que os sumidoiros dalgunhas vivendas particulares estaban vertendo na recollida de pluviais, polo que remataban no mar.

En breve confirmarase a nova e o cartel de ‘auga non apta para o baño’ desaparecerá do areal de Camelle, unha vez que os últimos datos da calidade da auga realizados pola Xunta arronxan bos resultados.

Deste xeito, a Consellería de Sanidade continuará coas probas este verán para poder incluílo no censo oficial de praias aptas para o baño, tras máis de 5 anos no que estivo fóra do censo.

Cómpre lembrar que aínda quedan outras 4 praias fóra do censo, despois de estar máis de 5 anos con datos negativos.

Novas relacionadas

comentarios