Venres. 22.01.2021
El tiempo

A praia de Camelle volve a ser incluída nos controis oficiais da calidade da auga da Xunta de Galicia

A praia de Camelle volve a ser incluída nos controis oficiais da calidade da auga da Xunta de Galicia

As augas da praia de Camelle xa levaban máis de 5 anos dando resultados de calidade insuficiente nas análises da Xunta. Polo que Augas de Galicia elimináraa, como outras 4 praias da comarca, do censo pechando ao baño o areal camariñán.

Pero o Concello xa anunciara que ía pedir que se volvese incluir despois de ter realizado varias melloras de saneamento.

E así o confirmaba a pasada semana Augas de Galicia. A praia de Camelle volve a ser incluída nos controis oficiais da calidade da auga para a temporada 2020 da Xunta de Galicia, un paso previo para que o próximo verán si que se poidan analizar a calidade da auga e poida estar incluída no censo de praias aptas para o baño.

As últimas analíticas feitas polo Concello dan unha calidade “boa”, como resultado das obras renovación da rúa Nova e Porto, a través das cales se conectaron á rede varios sumidoiros de casas particulares que estaban vertendo na recollida de pluviais.

Novas relacionadas

comentarios