Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Premio do téxtil para Camariñas e o Encaixe

Premio do téxtil para Camariñas e o Encaixe
O Concello de Camariñas, galardón honorífico nos Premios Nacionais a Moda e Excelencia Empresarial da Asociación de Nuevos y Jóvenes Diseñados de España (ANDE). O xurado, no fallo, "recoñece así a labor como transmisor do coñecemento nos usos e elaboración do encaixe local. Cartel da Mostra do Encaixe 2017 Cartel da Mostra do Encaixe 2017 con Marta Lado como protagonista O Concello de Camariñas recibirá este mércores el galardón honorífico dos Premios Nacionales a la Moda y Excelencia Empresarial, Prenamo 2018, pola "conservación de los usos y costumbres a través de la transmisión del conocimiento en la elaboración del encaje de Camariñas". O alcalde da localidade, Manuel Valeriano Alonso "Pichurri", recollerá o galardón. Os Prenamo son o “reconocimiento al esfuerzo por crear y mantener el prestigio de un oficio que pone en valor el enriquecimiento cultural, fortaleciendo la imagen de España como líder mundial”, segundo explican os seus organizadores, a Asociación de Nuevos y Jóvenes Diseñados de España (ANDE) que engade que as institucións e empresas recoñecidas son “referentes obligados para las nuevas generaciones de emprendedores”. Os Premios Nacionales a la Moda y Excelencia Empresarial foron instituidos como unha ampliación dos premios para xóvenes deseñadores, que xa alcanzan a sua XXXIII edición. Asimesmo, a firma Tartaruga, afincada en Santiago de Compostela, foi galardoada cos Premios Nacionales a la Moda a la Excelencia Empresarial 2018 (Prenamo) onde o comité evaluador tivo en conta o seu producto, calidade e servizo, sendo un referente para os novos emprendedores do sector complementos de moda muller. A organización destaca que, para ser merecedor dun Prenamo, é requisito imprescindible “no haber sacado la producción fuera de España, así como mantener un firme propósito de expansión, dentro de un mercado tan competitivo con es el de la moda”. A gala de entrega desta edición dos Premios Prenamo, terá lugar o próximo día 31 de xaneiro, no marco do Club Financiero Génova de Madrid e coincidindo co inicio da feira internacional MoMad Metrópolis.

comentarios