Recuperando o Castelo do Soberano


Aí está, o Castelo do Soberano, ou máis ben as súas ruínas, controlando as entradas na ría de Camariñas dos barcos piratas. Ese Castelo do século XVIII, construído por orde de Carlos III e que pertenceu á familia Álvarez-Pardiñas, antes de pasar a mans da familia de Juan José González Soto, actual dono dos terreos do Castelo e dono do Restaurante Puerto Arnela.
González Soto vén de contratar unha empresa de arqueoloxía, baixo superivisón de Patrimonio da Xunta, para facer unhas catas arqueolóxicas na fortaleza. I é que o camariñán pretende facer unha reconstrución de parte do Castelo para aproveitamento turístico.
Durante as catas realizadas durante este verán atopáronse restos do polvorín, parte do foxo...
Soto propuxera ao Concello a cesión do Castelo ao Concello a cambio da permuta da ficha urbanística duns terreos ao carón do mesmo, nos que Soto pretendía construir un negocio de hostelería. Ante a negativa do Concello, pretende reconstruir o Castelo para que recupere a súa identidade.
"Queda moito por facer", reflexiona o propio dono.
Novas relacionadas
- O concello de Vimianzo afeita o Castro de Barreiras e agarda o permiso de excavación.
- Unha expedición arqueolóxica estudia os petroglifos da Campaíña, Fieiteira e Regadiña .
- A Deputación busca a mellor réplica de Dombate.
- Un paso máis cara a aprobación final do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
- Que pasou na Costa: XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- La Voz de Galicia.