Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Recuperando o patrimonio popular dos Foxos do Lobo

Recuperando o patrimonio popular dos Foxos do Lobo
Xornadas do Foxo do lobo en Camarinas Interesantísima a recuperación patrimonial que propón a Asociación Cultural Dequenquén. A través do financiamento da Deputación de A Coruña, vai desenvolver unhas actividades para divulgar o foxo dos Lobos da Costa da Morte, unha trampa para lobos, o único situado na provincia da Coruña, coa singularidade de empregar como barreira natural a liña de costa o ubicarse nas praias de Reira, fronte os demais trampas existentes en Galicia, en zonas montañosas de Lugo e Ourense. A entidade prepara dúas citas. A primeira o domingo 17 de decembro, ás 11:30h na Casa de Pedra de Camariñas, onde estará David Pérez López autor do libro “Os foxos dos lobos: A caza do lobo na cultura popular” un amplo traballo que recolle os foxos segundo a súa tipoloxía e a catalogación deste tipo de trampas en toda Galicia. Falará de como se organizaban e realizan o caza do lobo arredor dos Foxos. Ademais, o 30 de decembro haberá que desprazarse ata o Reira, ata o mesmo Foxo dos Lobos, para celebrar unha recreación dunha batida de lobos no foxo a partir das 11:30.

Un pouco sobre o Foxo dos Lobos

É un foxo de muros converxentes, en forma de V, cun altura superior os 2 metros. No vértice dos muros atopase un pozo cunha profundidade de 2 metros onde se precipitaba o animal. Os muros acadaban unha lonxitude de ata un quilómetro, no caso do de Camariñas, o ser de pequenas dimensións, cando se realizaba a batida do lobo, incrementaban a lonxitude dos muros (neste caso o muro cara o monte xa que o outro remataba na liña da praia) coa xente collida das mans, creando un cordón humano na mesma liña do muro. Imaxe dun foxo do lobo de muros converxentes Imaxe dun foxo do lobo de muros converxentes

A historia das batidas de lobos en Camariñas

Contan dende Dequenquén como se realizaban as batidas na zona de Camariñas, nas que participaban clérigos, soldados e campesiños nas xornadas sabatinas. Así o aseguraba un Decreto ditado polo arcebispo Xelmírez, recollido na Historia Compostelana. ”O monteiro maior era o que organizaba e dirixía a batida. Os veciños das aldeas circundantes eran convocados á batida por medio fogueiras colocadas estratexicamente nos outeiros (topónimos Alto da Vela e Monte da Vela no mapa) que circundaban a chaira ou groba, ou o sitio de paso dos lobos, onde se erguía o foxo. Dende o monte da Vela o fume indicaba os paisanos de Brañas Verdes e Santa Mariña o inicio da batida, así mesmo dende o alto da Vela en Camariñas convocábase os veciños de Mourín e Buría. O topónimo Cova dos Lobos, indica lugares comúns ou habituais da existencia de guaridas de lobos. Lugar habitual para comezar a batida. ”O monteiro maior, despois de reunida as xentes dos pobos, facía unha distribución do persoal. Un grupo disposto no foxo para prolongar as súas dimensións o ser o de Camariñas de pequenas dimensións non superando os 100 metros no seu muro maior, o outro o máis numeroso, o monteiro maior, dispoñíaos o longo do monte con paus, cos cales petaban na maleza existente, para provocar o levantamento e fuxida do animal, outros con aparellos de cociña (tapas de tarteiras ou elementos de ferro) provocaban ruído no seu bater entre ambos coa intención de espantar o animal. O importante na batida era non deixar ocos libres polo que o animal puidera fuxir. Levantado o animal íano pechando para que entrara no foxo. O pozo era tapado con xestas ou toxos para que non vira o burato existente”. ”Unha vez que caera na trampa, o non poder saír, rematábano a pedradas ou cun chuzo. O animal sen vida, era paseado polos pobos participantes en romaría, para que todo o mundo puidera contemplar a presa atrapada, ben portado cun pau polo medio entre dous homes, ou nun carro tirado por animais”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios