venres. 02.05.2025
El tiempo

Só 11 concellos costeiros acóllense ao PAI da Deputación

Só 11 concellos costeiros acóllense ao PAI da Deputación
  Apenas 11 concellos da nosa zona acolléronse ao Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016 da Deputación da Coruña para reducir a súa débeda e financiar obras. Os concellos son os que deciden destinar o importe deste préstamo provincial á amortización de parte da súa débeda ou á realización de investimentos financieiramente sostibles, en función do seu nivel de endebedamento. Así, un concello cun 10% de débeda debe destinar esa mesma porcentaxe da súa asignación no PAI 2016 á redución da súa carga financieira, podendo destinar o 90% restante a novos investimentos ou a unha maior amortización da débeda. Como en todos os seus plans, a Deputación emprega criterios obxectivos para o reparto de fondos entre os concellos coruñeses, usando para elo as variables ponderadas empregadas dende hai máis de 30 anos para o POS: cota fixa 10%, esforzo fiscal 5%, número de parroquias do municipio 15%, poboación total do municipio 35% e superficie do concello 35%. Listaxe de asignación do PAI por concellos
CONCELLO ASIGNACION PAI 2015 REDUCIÓN DÉBEDA INVESTIMENTOS
Camariñas 154.984,15 54.244,45 100.739,70
Carballo 590.390,01 30.700,28 559.689,73
Carnota 151.997,50 151.997,50 0,00
Cee 184.462,23 184.462,23 0,00
Coristanco 286.375,41 286.375,41 0,00
Dumbría 221.116,15 0,00 221.116,15
Fisterra 119.793,65 119.793,65 0,00
Laxe 119.825,32 119.825,32 0,00
Malpica 176.694,89 46.409,77 123.740,41
Ponteceso 225.478,22 225.478,22 0,00
Vimianzo 336.195,62 73.948,50 262.247,12
 

Obras financiadas co PAI

CONCELLO DENOMINACIÓN ACHEGA DEPUTACIÓN ACHEGA CONCELLO ORZAMENTO TOTAL
CAMARIÑAS Adecuación Pista Polideportiva Pabellón Municipal 100.739,70 0,00 100.739,70
TOTAL 100.739,70 0,00 100.739,70
CARBALLO Reurbanización Rúa Desiderio Varela 211.158,49 18.000,00 229.158,49
Mellora capa de rodadura en Cances Grande 55.036,32 0,00 55.036,32
Reparación Rúas Casco Urbano Carballo 72.964,25 0,00 72.964,25
Reurbanización da Rúa Ponte 220.530,67 19.252,08 239.782,75
TOTAL 559.689,73 37.252,08 596.941,81
DUMBRÍA Acceso a Novo Cemiterio de Dumbria 97.819,99 0,00 97.819,99
  Acceso a Cheo 123.296,16 0,00 123.296,16
  TOTAL 221.116,15 0,00 221.116,15
MALPICA Mellora Seguridad Iluminación pública Barizo, Malpica, Mens 92.518,16 0,00 92.518,16
  2ª Fase Marquesina en Milladoiro 31.222,25 0,00 31.222,25
  TOTAL 123.740,41 0,00 123.740,41
VIMIANZO Mellora estradas Baiñas límite Concello Dumbria 154.247,12 0,00 154.247,12
Rede de Saneamento en Reboredo  (Salto) 108.000,00 0,00 108.000,00
 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios