Venres. 19.04.2024
El tiempo

Superado o primeiro temporal do outono

Superado o primeiro temporal do outono
[fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/1387388474728629/?t=44" width="850" height="500" onlyvideo="1"] Superado o primeiro temporal deste outono 2018. Leslie entrou en Galicia pola Costa da Morte e deixou varias incidencias na bisbarra. Se ben a temperatura foi máis alta do habitual polo vento do sur, si que deixou a súa pegada en forma de choiva, como en Laxe, onde un ano máis se repetiron as inundacións en pleno paseo marítimo. Falando de choiva, foi en Vimianzo onde máis caeu, con preto de 60 litros por metro cadrado durante a xornada sabatina, polos 28 de Carballo. Os refachos de vento máis fortes rexistráronse en Malpica (105 km/h), Fisterra (102) e Cabo Vilán (86).

Retiradas de árbores

Os Bombeiros de Cee informaron que durante a xornada do venres tiveron que proceder a retirar varias árbores caídas polos fortes ventos. Arredor das 14:00h acodiron a Brens, Cee, onde eliminaron coas motoserras un pino seco que ca forza do aire caeu. Pouco despois, arredor das 17:00h unha árbore caía nunha estrada ocupando parte dun carril na AC 441 en dirección Baiñas , cortando o paso. Tiveron que empregar as motoserras para sacar a acacia da estrada. Mesmo este luns 15 de outubro, os Bombeiros tiveron que retirar aunha árbore no lugar de Guimareu que obstaculizaba parcialmente a pista cara Estorde.

Incendio urbano

Ademais, e sen ser consecuencia directa do temporal, os Bombeiros de Cee acodiron o sábado arredor das 12:15h da mañá á Praia do Lago, en Muxía, onde estaba a arder no primeiro andar do bar- hospedaxe Arco Iris, na Praia de Lago en Muxía. O lume afectou a un sofá e unha das portas de acceso a unha habitación, pero o fume si afectou a todo o primeiro andar.

Indencio nunha explotación agraria

Pola súa parte, os Bombeiros de Santa Comba, e o GES de Muros acodía o pasado domingo ás 10:00h a Mazaricos, xunto con Protección Civil, para sufocar un combustión interna dun silo. https://www.facebook.com/863838857072496/videos/106567666961446/?t=6  

Comentarios