Mércores. 20.11.2019
El tiempo

“Teño unha terraza preciosa en Camariñas que non podo usar por culpa das gaivotas… e o Concello non fai nada”

As gaivotas mandan nos tellados de Camariñas
As gaivotas mandan nos tellados de Camariñas
“Teño unha terraza preciosa en Camariñas que non podo usar por culpa das gaivotas… e o Concello non fai nada”

A problemática cas gaivotas polas zonas costeiras é un asunto recurrente. Cada ano toca falarmos desta problemática, contra a que algúns concellos como Marín ou O Grove, toman diferentes medidas. A retirada de niños dos edificios, por exemplo, é unha das actividades que se poden levar a cabo nas campañas de control desta especie, como aconsellaba unha empresa costeira hai anos.

Pola zona, vilas como Muxía, Fisterra ou Camariñas, sofren en silencio esta “invasión”. As gaivotas impiden que as familias poidan usar as súas terrazas, por exemplo, para comer nas festas do Carme, ou mesmo para colgar a roupa a secar.

Moitos veciños denuncian case que “ataques” ao pasar por certas casas, ademais das defecacións que invaden terrazas, tellados, rúas… “ata nos cristais e nas fachadas”, denuncian varios veciños afectados.

Aseguran que teñen falado co Concello sobre a situación, pero dende o municipio non moven ficha.

Terraza inutilizada polas gaivotas en CamarinasDefecacions de gaivotas nunha fachada de Camarinas

Novas relacionadas

Comentarios