Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A transformación da Lonxa Vella de Camariñas no Museo dos Naufraxios colle músculo financieiro

Valetin Gonzalez Formoso coa alcaldesa de Camarinas Sandra Insua
Valetín González Formoso reuniuse coa alcaldesa de Camariñas Sandra Insua, e cos concelleiros e concelleiras Encarna Liñeiro, Sergio Caamaño e Begoña Tajes
A transformación da Lonxa Vella de Camariñas no Museo dos Naufraxios colle músculo financieiro

Continúa avanzando o o proxecto de creación do Museo dos Naufraxios na Lonxa Vella de Camariñas. Desta volta o Concello conseguiu o compromiso da Deputación para financiar a transformación dun edificio baleiro e en estado ruinoso, pero nunha localización estratéxica, nun espazo expositivo de referencia para a comarca da Costa da Morte, que tamén albergaría conferencias ou cursos formativos.

”A comarca da Costa da Morte en particular e a provincia en xeral necesitan deste tipo de espazos para poñer en valor o enorme patrimonio que agocha a nosa costa”, lembrou Formoso.

Sandra Insua agradeceu o apoio da Deputación “xa que, despois de que conseguiramos a cesión do edificio da Lonxa Vella, a financiación é imprescindible para poder acometer este proxecto para darlle utilidade e poñer en valor parte da historia de Camariñas, que estea en bo estado e que volva ser útil”.

Outros asuntos

Na reunión tamén se avanzaron outros asuntos de interese para o municipio como a construción das beirarrúas de Camelle de Arriba, que se incluirán no Plan de Vías e Obras que se aprobará no pleno da Deputación deste mes de maio, e a subvención para a Mostra do Encaixe que se concretará como é habitual no mes de outubro.

Novas relacionadas

Comentarios