Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Un mar de arte para lembrar os 125 anos do afundimento que nos cambio o nome

Un mar de arte para lembrar os 125 anos do afundimento que nos cambio o nome
Emotiva homenaxe ao Serpent no Cemiterio dos Ingleses no 125 aniversario do seu afundimento-Camarinas Emotiva homenaxe ao Serpent no Cemiterio dos Ingleses no 125 aniversario do seu afundimento Hai datas que cómpre non esquecer, e máis unha que tanto marcou a nosa idiosincrasia. O investigador Rafael Lema asegura que foi este episodio o que nos colgou o cartel de "Costa da Morte" en Europa, un nome que pon de manifesto o simbolismo do noso fero e salvaxe litoral, sen dúbida o noso maior tesouro, e senón que llo pregunten aos trasn@s. O 10 de novembro de 1809, facía onte xusto 125 anos, o crucero inglés HMS Serpent naufragaba diante da Punta do Boi, preto do Cabo Vilán en Camariñas. Aí estivo a veciñanza da zona axudando a recuperar os corpos, e construíndo ese emblema dos naufraxios, o Cemiterio dos Ingleses. A este lugar de culto acudiron onte tamén máis dun centenar de veciños de toda a provincia para lembrar o 125 cabodano desta traxedia. Foi un emotivo acto da man do Concello de Camariñas e a Real Liga Naval Española, que levan dende 2008 da man de José Manuel Pato e Juan Campos (este ano coa colaboración do edil Sergio Caamaño) realizando este singular evento nocturno. Un acto tremendamente emotivo e simbólico, coincidindo coa hora do accidente, que cada ano dá un paso cara adiante.

Discursos mesmo con acento británico

Rafael Lema, Jose Manuel Pato, Manuel Valeriano Alonso e Lemkes no Cemiterio dos Ingleses polo 125 aniversario do afundimento do Serpent Rafael Lema, Jose Manuel Pato, Manuel Valeriano Alonso e Lemkes no Cemiterio dos Ingleses polo 125 aniversario do afundimento do Serpent Nesta ocasión os organizadores contaron coa presenza dun alto representante da Embaixada británica en España, o agregado de defensa da mesma capitán de navío Paul Lemkes, en delegación do propio embaixador, Simón Manley. Lemkes mostrouse moi participativo e recibiu numerosas mostras de agarimo e tivo que facerse fotos con decenas de veciños. O representante da Royal Navy iniciou o seu discurso cun "sinto moito non poder falar galego", agradecendo aos habitantes da comarca o auxilio prestado ás numerosas vítimas de naufragios ingleses nesta costa. "Aquí está un trocito de Gran Bretaña e nós levamos un de Galicia nos nosos corazóns" indicou Lemkes que levou numerosos libros doados polos que compartiron a tribuna con el, e unha metopa da Real Liga Naval Española. Nos outros discursos en homenaxe aos náufragos participaron Rafael Lema Mouzo, delegado na Costa da Morte da RLNE; Juan Campos Calvo Sotelo, investigador naval; Xosé María Lema, historiador do SEMESCOM e o único que se expresou en galego ademais do Coro e o propio Lemkes dando as "Grazas" ao remate do seu discurso; José Manuel Pato González, delegado rexional da RLNE, Manuel Valeriano Alonso de León, alcalde de Camariñas. O capitán de zona, o comandante local da Garda Civil e a vicepresidenta do Parlamento galego, Marisol Soneira, estaban presentes no acto. José Manuel Pato no seu discurso fixo referencia a que "desde hai moitos anos acudimos a render homenaxe e ofrecer unha coroa de flores aos náufragos do mar" e que como delegado da RLNE coordina outros actos en homenaxe ao Serpent no xardín coruñés de San Carlos e en Villagarcía, recordou que "ao principio eramos catro ou cinco pero propúxenme que tiña que ser un acto participativo" e que á vista do éxito da noite presente "cumprín con fartura ese anhelo" polo que ve a hora de "ceder o protagonismo aos veciños e aos que queiran sumarse a este confiando en que o Concello saberá darlle o realce que merece". De novo citou as "moitas molladuras sufridas en anos anteriores pero xustifícanse por recordar os que deixaron a súa vida no mar". O delegado na zona da RLNE Rafael Lema, pola súa banda, agradeceu a amabilidade do embaixador inglés Simón Manley e do agregado Paul Lemkes e confirmoulles que "desde a RLNE e desde a asociación Mar de fábula mantemos o compromiso coa embaixada de seguir velando polo cemiterio e a súa contorna, continuando coas nosas campañas periódicas de limpeza". Recordou o traballo de Pato e da RLNE "polo seu tesón para consolidar o acto e o do actual alcalde de Camariñas para darlle un novo impulso nos últimos anos". Lema dirixíndose ao capitán Lemkes, indicou que "Gran Bretaña sempre nos apoia aos investigadores do mar, porque Gran Bretaña honra os seus antepasados, o seu patrimonio e a súa historia, unha gran lección para o noso país nestes tempos". "Este cemiterio é un faro, unha casa de luz ou lighthouse, como din os ingleses, unha luz que une as dúas nacións con maior tradición naval do mundo, Inglaterra e España" pechou o delegado que entregou ao capitán inglés libros coa historia dos naufraxios na nosa costa cedidos polo GAC3. Tras as 21 salvas de rigor, o alcalde de Camariñas e o representante da embaixada colocaron o centro floral na tumba centenaria.

Un mar de arte

Onte houbo de todo: música, poesía, discursos e teatro. Interesantes foron as escenificacións de tres pezas de teatro que recordaban os naufragios do San Fernando, Serpent, Trinacria, nunha magnífica ambientación con farois iluminando os camiños e o cemiterio. Impresionante estivo a brava Andrea de Camelle, que tanto vale para heroína irmandiña como para salvadora de naufraxios. Como cada ano, non faltou a actuación musical do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas e a entrega floral ás 10.30 horas na tumba do capitán Ross e dos náufragos do Serpent, xa que ao recinto interior foron levados os ósos achados na restauración do 1990.

Máis actos

Durante toda a semana proxectarase no Faro Vilán o documental “Faros da Costa da Morte” (2010), dirixido e narrado por Manuel Vilar, de 16 minutos de dirección e subtitulado en castelán. Neste documental, con preciosas imaxes aéreas, dedícanse moitos minutos ao faro Vilán e mesmo se fai unha demostración gráfica de como se produciría ese foco luminoso por medio dun arco eléctrico entre dous carbóns. Ademais, sábado 14 de novembro, haberá dúas accións relacionadas coa efeméride. Naufraxios Galegos pola mañá Acto de Naufraxios Galegos polo naufraxio do Serpent en 2015 Pola mañá, a A.C. Naufraxios Galegos, celebra o 125 cabodano da tráxica perda do navío, HMS Serpent, na Punta do Boi, cunha visita guiada polo litoral de Camariñas con tres paradas. O punto de reunión para os asistentes será o Porto Vello, onde comezará o evento ás 11:00 horas para, a continuación, visitar os barómetros do Serpent e o Castelo do Soberano, onde se falará da historia de ambos os dous. Seguidamente, subirase aos coches e irse nos nestes ata o faro do Cabo Vilán onde a súa fareira, Cristina Fernández ofrecerá unha charla. Visitarase o cemiterio dos Ingleses onde se lerá por parte dun cidadán británico, representante civil no acto da tripulación do Serpent, unha cita solemne, enviada expresamente para a ocasión dende Inglaterra pola Royal Naval Association, e depositarase unha ofrenda floral no monumento aos náufragos da Costa da Morte. A Real Liga Naval pola noite A partir das 21:00h, a RLN volve o teatro ao Cemiterio cunha Actuación baixo o nome “Noite dos naufraxios”, unha actuación dun grupo de gaitas, e o disparo das 21 salvas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios