xoves. 07.11.2024
El tiempo

Un poema de Manolo Rivas ao silencio dos peixes do Cabo Vilán

Un poema de Manolo Rivas ao silencio dos peixes do Cabo Vilán

A modo de poema-denuncia, ou dunha postal enviada a Noruega, recuperamos este poema de Manolo Rivas do seu non demasiado coñecido blogue. Un poema que ten un claro sino, denunciar o "impacto da piscifactoría, de capital noruegués, autorizada no derradeiro consello da Xunta de Fraga, e que estragou para sempre un dos máis senlleiros espazos naturais na beiramar da Galiza, o do cabo Vilán, na Costa da Morte".

Velaí,
onde naceran os ollos
da flor de namorar,
o sepulcro da miña ollada.
Decapitado o día,
só o faro compensa na noite
o silencio afogado dos peixes
no viveiro da morte.

Manolo Rivas na Costa da Morte

Lembramos ademais que o escritor ofrecerá o vindeiro venres 23 de setembro ás 21:00h unha charla-recital en Vimianzo, no marco da exposición-homenaxe a Antón Mouzo.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios