Unha nai e os seus dous fillos trasladados tras prender unha grella en Camariñas
07:08 20/01/17
Susto a pasada noite en Camariñas. Unha nai e os seus dous fillos, un bebé de oito meses e un mozo de catorce, foron trasladados onte despois de sufrir mareos ao prender unha grella na súa vivenda de Camariñas. Foi a muller quen informou dos feitos ao CAE 112 Galicia ás 22.45 horas. Segundo o seu relato, acenderan a grella ao non ter calefacción no inmoble.
Os servizos médicos desprazáronse ata o lugar, na Rúa tras Hortas. A familia foi trasladada ao centro sanitario de referencia.
O Centro de Atención ás Emerxencias Galicia 112 púxose en contacto, tamén, coa Policía Local e a Garda Civil.
Fonte
- Axega