Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha semana adicada a reciclaxe en Camariñas

Unha semana adicada a reciclaxe en Camariñas

Boa aposta do Concello de Camariñas, que durante esa semana de Nadal, do 26 o 30 de decembro, haberá na Casa da Cultura unha semana adicada ó reciclaxe, na que se poñerán a venda todo tipo de cousas de segunda man ou recicladas. Un mercadillo de segunda man con todas as consecuencias.

Será un bo momento para mercar os regalos de Reis dun xeito sostible.
O mercado coincidirá coa velada reivindicativa dos voluntarios da Fundación Man de Camelle.

Todas aquelas persoas interesadas poderán poñerse en contacto en el correo electrónico [email protected]

Merca en Camariñas

A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas xunto con Concello de Camariñas, promoven a campaña de Nadal MERCA NO CONCELLO GAÑAMOS TODOS que consiste en que os establecementos e empresas da asociación agasallaran os seus clientes e a compras realizadas con boletos para un sorteo de premios de 700 €, 400 € e 200 € .

O valor dos premios serán devoltos en vales de compra pola cantidade do premio para o gañador/a o realiza nas empresas da entidade. O sorteo realizarase o vindeiro 7 de xaneiro, as 19:00 horas na Casa de Pedra de Camariñas.

Día do Fútbol Sala no Concello de Camariñas

Este venres 23 de decembro será o Día do Fútbol Sala no Concello de Camariñas. Celebrarán a xornada nas distintas parroquias (Arou, Camelle, Ponte do Porto e Xaviña) onde haberá uns hinchables relacionados có mundo do fútbol sala en horario matinal. a partires das 10:30 ata as 13:00 horas.

Máis de 30 equipos inscritos para xogar o I Torneo de Fútbol Sala 3x3 nas calles de Camariñas, concretamente na Praza do mercado onde a partires das 15:00 horas, comezará un torneo para nen@s dende os 5 ata os 15 anos, as categorías serán as de biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

Para rematar a xornada, terán un partidazo de fútbol sala entre un combinado da AGJFS (asociación Galega de xogadores de futbol sala) que terá nas súas filas xogadores do Lobelle Santiago e Ázkar Lugo entre outros e un combinado de xogadores da Terceira e Segunda División B do fútbol Galego (contará con xogadores do Montañeiros, Coruxo, Pontevedra, Cerceda etamén con Víctor Vigo, xogador Camariñán do Cai Zaragoza da liga Asobal). O partido terá lugar no Pavillón do Areal e comezará as 21:00 horas. Entrada gratuita.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.

Comentarios