Unha Travesía a nado entre Camariñas e Muxía polos refuxiados de Lesbos
O 14 de agosto será o mar malpicán o que atravesarán os bravos nadadores de toda Galicia na Travesía Illas Sisargas. Pero antes, o 2 de xullo, os valentes terán unha ocasión de facer unha boa xesta. En marcha está xa a I Travesía a Nado Camariñas-Muxía, unha travesía en solidariedade polos refuxiados esquecidos en Lesbos.
Esta competición, de carácter popular, destinada a persoas nadas no ano 1999 ou anteriores, celebrarase o 2 de xullo de 2016, e os nadadores e nadadoras sairán do Club Náutico de Camariñas ás 16:00 horas, para enfrentarse a 2500 metros en liña recta de augas abertas ata chegar á Praia do Lago de Muxía.
O custe será de 10€, que servirá para axudar aos refuxiados de Lesbos.
No evento, organizado polos concellos camariñán e muxián, colaboran a ONG A.I.R.E., Conservas Boya, Federación Galega de Natación, Club Náutico de Camariñas e Cataventos Escola de Vela, ademais de Protección Civil das dúas vilas.
Máis información e inscrición
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na aventura de cruzar a nado a ría que separa estas dúas fermosas vilas, ata o 28 de xullo e o número máximo de prazas é de 100.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).