Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Camariñas responde con 700 equipos de protección para o PAC de Vimianzo

Doazón ao PAC do Concello de Camarinas
A veciñanza de Camariñas responde con 700 equipos de protección para o PAC de Vimianzo
A completa resposta dos concellos da comarca ante a petición do Hospital Virxe da Xunqueira de material para uso sanitario, complétase coa acción do Concello de Camariñas, que vén de facer entrega de 700 unidades de protección individual doadas por particulares e empresas no PAC de Vimianzo.

 

Fixo o Concello un chamamento e a veciñanza respondeu de inmediato, e tanto particulares como empresas responderon de xeito inmediato con doazóns. Foron os bravos membros de Protección Civil os que realizaron a colleita e a entreba ao PAC de Vimianzo.

Desde o PAC comprometéronse a repartir estes equipos de protección individual polos centros de saúde de Camariñas e tamén ao 061. Desde o Concello de Camariñas queremos agradecer á cidadanía a súa boa disposición e animamos a aquelas persoas que dispoñan de máis material deste tipo que se poñan en contacto con Protección Civil no teléfono 650420021 para xestionar a doazón.

Novas relacionadas

Comentarios