Xoves. 07.11.2024
El tiempo

A velutina non sucumbe ao coronavirus

Trampeo volutinas Protección Civil Laracha
Protección Civil da Laracha poñendo trampas contra a velutina
A velutina non sucumbe ao coronavirus

Tod@s @s especialistas coinciden en que a campaña de trampeo é fundamental para evitar a formación de futuros niños e así para o espallamento da praga. Son todos, pero algún concello está tomando en serio, este ano, a pesar da corentena, a campaña de primavera, e así o comprobamos en Carballo, Camariñas ou A Laracha.

En Camariñas, este 2020 comezaron cun mes de antelación a poñer trampas e parece que a “colleita” está sendo efectiva. Polo momento capturáronse 5.190 raíñas, cando o ano pasado a estas alturas atrapáranse 2.099. Aínda queda tempo de trampeo, pois o ano pasado, atraparon ata o mes de xullo 9.854 raíñas de vespa velutina.

Todo a base de trampas caseiras, colocando nas árbores con flor (especialmente camelias), unha botella que conteña unha mestura de alcoles con substancias doces, como o vermú, viño blanco, zume de arándanos, e diversas variedades de alcol branco, como poden ser a xinebra ou o ron.

Trampeo_Velutinas nun camelio

Na Laracha, Concello e veciños unidos

Pola Laracha, os voluntarios de Protección Civil están a colocar 120 trampas distribuídas por diferentes puntos do termo municipal. E invitan á veciñanza a facer o propio.

A colaboración cidadá é imprescindible para que as administracións poidan coñecer o emprazamento dos niños e actuar para retiralos. No caso de que unha persoa detecte un, debe dar o aviso á Xunta de Galicia chamando aos teléfonos 112 ou 012.

Novas relacionadas

Comentarios