Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vimianzo solicita unha senda peonil por Tufións-Cereixo

Vimianzo solicita unha senda peonil por Tufións-Cereixo
Inauguracion do paseo fluvial de Vimianzo

Veñen de estrear, con grande éxito o Paseo Fluvial de Vimianzo. E ante a boa disposición dos veciños, que xa o convertiron na ruta do colesteron e tamén na pista para practicar o running, tan de moda na capital soneirá, xa pensan no seguinte.

De feito, desde o Concello de Vimianzo veñen de remitir un escrito ao Presidente da Deputación Provincial da Coruña reiterando a solicitude de entrevista para tratar da construción dunha senda peonil en Tufións, en Cereiro.

O concello envía á Deputación constancia da sinatura de cesión dos terreos por parte dos veciños propietaros das parcelas lindantes coa estrada que une a Ponte do Porto con Quintáns, ao seu paso polo lugar de Tufións.

E expoñen á necesidade da construción da senda peonil dada a cantirdade de tráfico rodado que soporta esta estrada e, sobre todo, a perigosidade que supón para os viandantes a inexisencia dun lugar seguro por onde transitar.

Por iso, solicitan, por segunda vez, unha entrevista co presidente para a construción.

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios