Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xan Vieito devolve ao mar unha das súas obras expostas no faro do cabo Vilán

Xan Vieito devolve ao mar unha das súas obras expostas no faro do cabo Vilán
duo-in-quisidor-cabo-vilan Cara 1 e 2 da obra "Duo-In-quisidor" que se devolverá ao mar este sábado ás 13:00 horas nas inmediacións do cabo Vilán Este sábado ás 13:00 horas será devolta ao mar unha das obras presentes na exposición “m’eu-mar. Tempos logos”  que acolle a sala de exposición do faro do cabo Vilán. Trátase de “Duo-In-quisidor” datada no 2016 e que é unha peza de arte traballada sobre unha cuncha de ostra Vella de doble cara que o mar do Algarve portugués lle entregou ao artista no ano 2014. O lugar exacto da volta ao mar de esta obra de arte xa esta acordado co mar de Camariñas e terá lugar nas inmediacións do faro de cabo Vilan aínda que o lugar exacto manteráse en segredo ata o momento da entrega. Esta é a primeira vez que se fará en público o regreso ao mar dunha obra destas características. Outras 17 obras xa foron devoltas ao mar en distintos lugares. Ata o momento actual o retorno ao mar de estas pezas de arte fíxose sempre na intimidade, aínda que todas as pezas devoltas foron documentadas e con algún testigo presente. O retorno ao mar destas obras que fan a medias o mar e o artista forma parte dun contrato que ambos teñen establecido dende o ano 2011. A obra, unha vez realizada, é fotografiada en alta resolución en distintos escenarios que o mar lle ofrece ao artista. O destino final de todas esta obras feitas a medias e o seu retorno ao mar por ser o lugar de orixen. Tan só por circunstancias excepcionais algunas obras poden librarse de este destino aínda que sempre coa autorización dos dous. Fonte  

Comentarios