Mércores. 08.02.2023
El tiempo

A XXXII Mostra do Encaixe abre as inscricións para formar parte do voluntariado

Voluntarios da Mostra do Encaixe 2022
Voluntarios da Mostra do Encaixe 2022
A XXXII Mostra do Encaixe abre as inscricións para formar parte do voluntariado

A XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas abre desde hoxe as inscricións para formar parte do grupo de voluntariado desta cita. As persoas interesadas en formar parte da organización poden chamar ou enviar unha
mensaxe de Whatsapp ao teléfono 653 26 55 29 ou por correo electrónico ao enderezo [email protected]

As voluntarias e voluntarios son parte viva dunha Mostra do Encaixe Deputación da Coruña que este se celebrará novamente en Semana Santa, do 5 o 9 de abril de 2023.

Adirectora da Mostra, Dolores Lema, subliña o relevante papel das voluntarias e voluntarios, “alma da nosa Mostra do Encaixe Deputación da Coruña, imprescindibles cada ano non só para que todo saia a pedir de boca, senón tamén para crear un espírito de grupo imposible sin eles e elas; témoslles moito que agradecer”.

comentarios