![biblioteca-carballo]()
O martes día 27 realizares no 1º andar do mercado municipal o primeiro exame do concurso
O concello de Carballo vén de publicar a
listaxe definitiva de admitidos para o proceso de selección dun/ha auxiliar de biblioteca como funcionario/a interino/a. En total son 102 persoas as que obtan á praza e que están convocados para realizar o primeiro exercicio da fase de concurso que será o martes 27 de xuño. O exame celebrarase no primeiro andar do Mercado Municipal.
Ofertas de traballo
Por outra banda, a
Bolsa de Traballo de Carballo - BDT - publicou nos últimos días na que se ofrecen postos de traballo de distintos perfís. Perruqueira, pinches de cociña, camareiros e camareiras, mestre de lingua inglesa e diplomados en relacións laborais ou grado social son algúns dos postos de traballo que se ofrecen.
Os interesados e interesadas en participar nos procesos de selección deben chamar ao 981 709 011.
Curso de comercio e hostalaría
![curso-camara-carballo]()
Hoxe clausurouse no Fórum Carballo o curso mixto de comercio e hostalería organizado pola Cámara de Comercio
Hoxe tamén se clausurou hoxe o curso organizado pola Cámara de Comercio, coa colaboración do concello de Carballo, co obxectivo de mellorar a empregabilidade de vinte mozas e mozos menores de 30 anos, todos eles desempregados, inscritos no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil e dados de alta no PICE (Plan Integral de Cualificación e Emprego) das cámaras de comercio. O alumnado, acompañado por todo o equipo docente, celebrou o remate da acción formativa coa entrega de diplomas por parte do alcalde carballés - Evencio Ferrero - e cunha degustación de doces elaborados por eles mesmos nas instalacións da Escola de Hostalaría.
A acción formativa, que se desenvolveu no Fórum Carballo, centrouse en tres áreas: técnicas de busca de emprego e 60 horas de formación específica tanto en comercio como en cociña.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Carballo