xoves. 26.03.2026
El tiempo

Pipo, a serie galega, protagonista na programación infantil do Carballo Interplay

Pipo-Foto2_Rec
Pipo, a serie galega, protagonista na programación infantil do Carballo Interplay

O Carballo Interplay suma á programación da súa 13ª edición unha proposta pensada especificamente para o público miúdo coa proxección da serie infantil Pipo, que poderá verse o vindeiro xoves 16 de abril ás 18.30 horas na Biblioteca Rego da Balsa. A actividade está dirixida a crianzas de entre 3 e 7 anos e requirirá inscrición previa.

Pipo é unha serie de produción senporsen galega, dirixida por Andrés Mahía e Laura Mahía, cuxos personaxes lles poñen voz nomes como Lidia Veiga, Oswaldo Digón ou Lucía Veiga.

A sesión intégrase nunha nova edición do festival de contidos dixitais, que se celebrará do 16 ao 19 de abril e que volverá converter Carballo nun espazo de encontro para a creación en liña, as novas narrativas audiovisuais e a reflexión arredor do ecosistema dixital contemporáneo. Xunto ás súas seccións competitivas, os encontros con creadoras e creadores e as actividades en directo, o festival continúa abrindo tamén espazos para públicos diversos, incorporando contidos deseñados para as crianzas e as súas familias.


 

Máis novas

Comentarios