Xoves. 10.10.2024
El tiempo

1.253 familias e 123 establecimentos de Carballo teñen a chave da compostaxe urbana

Caldeiro marron para separar a quinta fraccion en Carballo-Ti tes a chave
Caldeiro marron para separar a quinta fracción en Carballo do programa Ti tes a Chave
1.253 familias e 123 establecimentos de Carballo teñen a chave da compostaxe urbana

O exemplo pioneiro de Carballo e A Laracha será obrigatorio, moi pronto, en toda Galicia. As normativas europeas obrigan a todos os concellos a separar a quinta fracción, no contedor marrón. En Carballo a resposta das familias está sendo moi positiva. Son xa 1.253 familias e 123 establecementos os colaboradores neste programa “Ti tes a chave” (a versión urbana do programa de compostaxe caseira), e dende mediados de xullo do ano pasado, xa teñen enviado á planta de compostaxe de Sogama un total de 239.020 quilos de residuos orgánicos.

A chave real do programa é que contribúe á redución das emisións de dióxido de carbono, garante un fertilizante de calidade e reduce os custos do servizo de recollida de lixo, xa que a tarifa que se paga a Sogama polo tratamento da quinta fracción é inferior á que se debe abonar pola bolsa negra xenérica.

O programa está sempre aberto. Podes ir buscar a túa chave para abrir os colectores marróns que temos repartidos por toda a zona urbana. Podes facelo de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, no local de Carballo Limpo (galerías da rúa Desiderio Varela, 34) e as fins de semana de mercado. Se queres unirte achégate e levarás un caldeiro de 10 litros de capacidade para facilitarche a separación dos restos orgánicos no teu fogar, tres atados de bolsas compostables que poderás repoñer cando se che acaben, un tríptico informativo e, por suposto, a chave. E todo de balde!

Novas relacionadas

Comentarios